O vindeiro 17 de maio, Días das Letras Galegas, está dedicado a Begoña Caamaño.
Como a súa canción favorita era o "Alalá das Mariñas" (interpretada no seu enterro por Uxía Senlle), cantarémola todos xuntos ao vivo.
Aquí tedes un karaoke para que poidades ensaiala tamén na casa se queredes!!!
Durante a semana, tres mestres do cole (Yeray, Lidia e Sandra) viaxaron a un centro de Cantabria (Torrelavega) para coñecer as súas dinámicas dentro do proxecto "Observa e Acción" no que estamos inscritos por segundo ano.
En breve visitarannos eles a nós!!!
Comezamos tamén coa iniciativa do EDLG de "21 días en galego" para fomentar o emprego da nosa lingua por medio do incentivo dun selo para os cartóns individuais que os nenos/as poderán empregar nos xogos da Romaría que faremos o 17 de maio.
Este ano estendémolo tamén ao ámbito doméstico de xeito voluntario.
Facédeo nesta ligazón!!!
Os compoñentes do Equipo de Orientación formáronse tamén nun congreso sobre Educación Inclusiva o pasado martes.
Por outra banda, o xoves, o alumnado de 6º de Primaria tivo unha charla na biblioteca.
Impartiuna unha asociación dedicada ás enfermidades inflamatorias intestinais.






