O pasado venres, 6 de marzo, celebramos no cole o Día Internacional da Muller e o Día de Rosalía cunha chea de actividades.
Puxemos un cartaz cociñeiro enorme nun dos andares titulado: "As nosas chef con estrela".
Nel aparecían mulleres exemplares da nosa vida coa súa receita favorita.Tamén tivemos un recital poético en tres pases a carón de Rosalía De Castro con representantes de cada nivel e do profesorado que se centrou no seu poema: "Miña casiña, meu lar" (do libro "Follas Novas").
Nel, Rosalía fai un "Caldo de gloria", na ola onde depositamos os poemas.
Foi na biblioteca e ao final abraiáronnos cunha sorpresa máxica quitada da pota: un bolo do pote!!!
Cantamos tamén tres cancións ben chulis coa axuda da profa Natalia que todos/as coñecedes e escoitamos a 3 Rosalías pronunciar un dos seus manifestos feministas.
Esa mesma mañá, o alumnado de 6ºA de Educación Primaria, tivo unha actividade na cociña na que fixeron pizza romana.
O luns, 2 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha charla na biblioteca do CIM do Concello de Marín.
Pilar, faloulles do SAF (Servicio de Axuda no Fogar) que está totalmente feminizado.
O xoves, 5 de marzo, o alumnado de 2º de Primaria fixo rosquillas na cociña coas nais de: Sara, Samara, Emma e Enzo.
A actividade estivo enmarcada no programa "Lectura e Familias".
Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria tivo unha saída didáctica anegada de teatro a Afundación.
A obra estivo relacionada co PDI anual, tal e como podedes comprobar no título: "O comedor da avoa".
Para rematar, a coordinadora do recuncho de Tambo (profa Chus), a nosa biblioteca, acudiu aos encontros PLAMBE que se celebraron en Compostela.
Ah... e non esquezades botarlle unha escoita aos últimos programas de Tambo nas Ondas, tambeiros/as!!!