viernes, 6 de marzo de 2026

8M ROSALIANO - ACTIVIDADE DO CIM - O COMEDOR DA AVOA - COCIÑANDO ROSQUILLAS E PIZZA - ENCONTROS PLAMBE E RADIO

O pasado venres, 6 de marzo, celebramos no cole o Día Internacional da Muller e o Día de Rosalía cunha chea de actividades.


Puxemos un cartaz cociñeiro enorme nun dos andares titulado: "As nosas chef con estrela".



Nel aparecían mulleres exemplares da nosa vida coa súa receita favorita.

Tamén tivemos un recital poético en tres pases a carón de Rosalía De Castro con representantes de cada nivel e do profesorado que se centrou no seu poema: "Miña casiña, meu lar" (do libro "Follas Novas").

Nel, Rosalía fai un "Caldo de gloria", na ola onde depositamos os poemas.


Foi na biblioteca e ao final abraiáronnos cunha sorpresa máxica quitada da pota: un bolo do pote!!!


Cantamos tamén tres cancións ben chulis coa axuda da profa Natalia que todos/as coñecedes e escoitamos a 3 Rosalías pronunciar un dos seus manifestos feministas.


Esa mesma mañá, o alumnado de 6ºA de Educación Primaria, tivo unha actividade na cociña na que fixeron pizza romana.



O luns, 2 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha charla na biblioteca do CIM do Concello de Marín.


Pilar, faloulles do SAF (Servicio de Axuda no Fogar) que está totalmente feminizado.



O xoves, 5 de marzo, o alumnado de 2º de Primaria fixo rosquillas na cociña coas nais de: Sara, Samara, Emma e Enzo.
A actividade estivo enmarcada no programa "Lectura e Familias".




Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria tivo unha saída didáctica anegada de teatro a Afundación.


A obra estivo relacionada co PDI anual, tal e como podedes comprobar no título: "O comedor da avoa".



Para rematar, a coordinadora do recuncho de Tambo (profa Chus), a nosa biblioteca, acudiu aos encontros PLAMBE que se celebraron en Compostela.


Ah... e non esquezades botarlle unha escoita aos últimos programas de Tambo nas Ondas, tambeiros/as!!!