O pasado luns, 23 de febreiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo un Obradoiro de Receitas Veganas na cociña do cole que cada día colle máis forma: callos con setas, humus, biscoito de cacao, boliñas de cenoria e dátiles, paté de pemento-garavanzos-lentellas, etc.
A verdade é que estaba todo boísimo e elaborouse con ingredientes ben sas... moitas grazas pola visita!!!
Nesa mesma data foi o "Día de Rosalía", pois hai 189 anos que naceu esta grandísima escritora das nosas letras (23 de febreiro de 1837).
Celebrarémolo xunto co "Día da Muller" (8 de marzo) o vindeiro venres, 6 de marzo.
Aquí tedes os 3 poemas musicados que interpretaremos ao vivo: "Tecín soia a miña tea", "A Rosalía" e "Adiós ríos".
Por outra banda, o alumnado de 6ºB de Educación Primaria gozou o venres con outro obradoiro de cociña da man de Alicia, nai de Emma, no que aprenderon a facer chulas e filloas.
O martes tamén recibimos a algunhas familias que viñeron a coñecer o Carballal na segunda e derradeira Xornada de Portas Abertas deste curso.
Para rematar, despedimos a Mariña (mestra en práticas en 5º de Educación Primaria) logo de estar con nós dende o mes de outubro... botarémola moitísimo de menos!!!








