viernes, 13 de marzo de 2026

SALÓN DO LIBRO 2026 - SAÍDA Á GALIÑA AZUL - BISCOITOS DE CABAZA E PIZZA - SAÚDE BUCODENTAL

O pasado martes, 10 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.


Recibiunos Órbil (a súa mascota) como sempre na entrada e demos unha voltiña polo recinto visitando todos os stands.


Este ano, a temática xira a carón da música e nós colaboramos coa gravación en vídeo da obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" e a canción "Lela".
Puidemos mirala proxectada nunha pantalla.



Gozamos tamén cun espectáculo do Mago Paco e incluso participamos nel...


Esa mesma mañá, o alumnado de 6º de Educación Infantil foi á Galiña Azul.


Alí interpretaron a obra de teatro que están a traballar na aula.


Por outra banda, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, tiveron unha actividade na cociña enmarcada no programa "Lectura e Familias" cos pais de Ian Guerrero.


Foi o xoves, 12 de marzo, e cociñaron uns exquisitos biscoitos de cabaza e pizza.


Para rematar, os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria tiveron unha sesión formativa de saúde bucodental na biblioteca o venres, 13 de marzo, na que recibiron un cepillo e un diploma.