Aínda que tivemos que loitar contra a meteoroloxía e contra unha epidemia de varicela, conseguimos producir un videoclip con música propia no que aparece o 99% do alumnado e moita representación da comunidade educativa do noso cole (342 persoas).
Aprendemos o retrouso da canción en lingua de signos e tamén unha sinxela coreografía elaborada pola profe Paloma.
A letra, como non, é de María Victoria Moreno e a música do mestre de Música.
Queremos agradecer a colaboración de https://www.entresignos.com/ e da https://www.facebook.com/apacarballal.carballal.
A desfrutar tod@s con "Xa non teño medo"...
Deixamos tamén os videoclips que fixemos nos dous cursos pasados, cuxos textos corresponden a Manuel María e Carlos Casares...
Logo de detectar un pequeniño fallo de sincronización de audio e vídeo, deixamos aquí unha versión máis perfeccionada... xa para frikis!!!