sábado, 28 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO 2018

O pasado luns 23 de abril foi o "Día do Libro" e no C.E.I.P. Do Carballal de Marín quixemos festexalo a rabear cunha semana ateigada de actividades para todo o alumnado, como non, a carón dos libros.
Comezamos cunha representación teatral de "Leonardo e os fontaneiros" (María Victoria Moreno) á que acudiron outros centros do concello e que organizou o ENDL coa colaboración da Editorial Galaxia.
Para ese mesmo día e para o resto da semana, o recuncho de Tambo, tíñanos moitas sorpresas argalladas...
O alumnado de 5º de Primaria deleitounos cuns monólogos ben diverdos.
Tivemos dúas sesións de lectura ao aire libre (Hoxe no patio libro) e outras dúas de apadriñamentos lectores (Padriños lectores).
E puidemos desfrutar do espectáculo do Mago Paco co que rimos a escachar!!!
Podedes mirar aquí un resumo en vídeo do programa .
Feliz Día do Libro a tod@s!!!


E aquí un vídeo máis extenso da actuación do Mago Paco gravada polo mestre David na sesión que adicou a Educación Infantil!!!