martes, 1 de mayo de 2018

MAIOS E EMBARCACIÓNS 2018

A pasada semana desfrutamos moito, no recuncho de Tambo, cunha charla didáctica impartida por Celso Méndez e Julio Santos (Ateneo Santa Cecilia) sobre os Maios e Embarcacións no Concello de Marín: construción, melodía, coplas, coroa, etc.
Propuxéronnos, ademais, un concurso de debuxo sobre esta temática.


Trouxeron moitas fotografías enmarcadas deste evento ao longo dos anos no noso concello.
Empregámolas para ateigar os corredores e aprender algo de cultura e tradición.


Moitos nen@s do cole animáronse a participar nesta festa ancestral cos Maios "San Xulián" e "Landeiras" e anotáronse ao concurso que o Ateneo celebra dende 1953 e que pretende potenciar coa axuda de tod@s.
Levaron moitos premios e merendaron rosca, chocolate e caramelos...
Escoitáronse coplas ben divertidas e incluso houbo un Maio de Rois.
Por certo, hoxe tamén tería cumprido 79 anos, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno.
Deixamos unha pequena mostra do que aconteceu durante o día en Marín.
Feliz Maio tambeir@s!!!



E para rematar, deixamos unha ligazón para escoitar a canción "O maio" (con letra de Curros Enríquez e música de Luis Emilio Batallán).
Cando remate podedes deixar prendido o reprodutor e desfrutar do disco máis vendido da historia en lingua galega.