Hoxe, con tres días de adianto, celebramos no colexio o Día Das Letras Galegas, xa que mañá moi cedo, marcha a meirande parte do alumnado de 1º, 2º e 6º de Primaria coa excursión de final de curso.
Desfrutamos cunha mostra de libros da profe Ángeles asinados pola autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno Márquez.
Acto seguido, contounos algunhas anécdotas, posto que ela e a profe Carmen Castro, foron alumnas súas no instituto.
Para rematar, interpretamos a canción feita no cole e inspirada nos seus versos: "Xa non teño medo".
Acompañámola coa súa coreografía e fixemos o retrouso con lingua de signos.
Recordamos tamén os versos de Carlos Casares e Manuel María co "Casares-Tón" e "Galicia", feitos en anos anteriores.
O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural ben chulo para presidir o acto no que non podían faltar os cans que tanto amaba a autora.
Deixamos unha mostra en vídeo e... feliz "Día Das Letras Galegas 2018" rapazada!!!
Queremos dar mil parabéns a María Moldes que acadou un premio na categoría de 3º e 4º de Primaria por "O segredo das gafas", nos "XV Premios de Narración para Escolares do Concello de Marín".
Seguide escribindo e creando historias!!!
Aquí tedes toda a información nunha nota de prensa:
Para rematar, informarvos que non houbo sorte nos Premios Olloboi...
Tiñamos dous nominados finalistas nas Categorías Peque ("Fals'e traedor") e DJ ("Xa non teño medo").
Os premiados foron "Mareas vivas de Lourizán" e "Piñeiros no xardín" respectivamente.
Deixamos un pequeno vídeo no que aparece música en directo na gala de entrega de premios e unha foto dos profes que recolleron os diplomas co gran Miguel de Lira.