O vindeiro 30 de xaneiro (domingo) é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No Carballal, celebrarémolo o venres, día 28.
Como xa é tradición, cantaremos todos xuntos unha canción relacionada con esta temática, entre outras actividades programadas.
Nesta ocasión, trátase dun arranxo para guitarra e voz, en galego, do mítico tema de John Lennon (The Beatles): "Imagine".
Aquí tedes a canción orixinal:
E aquí está a letra adaptada á nosa lingua e unha interpretación do profe Víctor para que poidades ensaiala na casa.
Desexa un lar sen guerras
onde non exista o mal,
cun chan sen lixo…
e non deixes de soñar!!!
Desexa un mar de xente
convivindo en paz…
Desexa un lar sen lindes
onde non exista o mal,
con cero fanatismos…
polos que matar!!!
Desexa un mar de xente
convivindo en paz…
E dirás que estou tolo/a
pero somos moitos/as máis…
Agardamos que te achegues
a este mundo de paz…
Desexa un lar sen cartos
onde non exista o mal,
un planeta sen fame
nin chantaxe emocional!!!
Desexa un mar de xente
convivindo en paz…