martes, 9 de mayo de 2023

AVISO IMPORTANTE: BUSCAMOS FOTOS E VÍDEOS DO CARBALLAL

Este ano estamos de 50 aniversario e imos festexalo como merece o vindeiro 2 de xuño no colexio.

Entre outras cousas teremos unha exposición de fotografías e vídeos de mestres, alumnos, persoal laboral, etc; que pasou por este centro dende que se inaugurou.

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou este podcast na radio escolar para pedir este material a quen puidera telo.

Escoitade con moita atención e grazas de antemán!!!