martes, 16 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023: TEATRO - MÚSICA - 12 DÍAS EN GALEGO

Hai moitos anos que o Día das Letras Galegas é unha data sinalada no noso calendario escolar e este curso, no que cumprimos medio século de andaina como centro educativo, tivemos tres propostas ben interesantes durante a mañá do martes 16 de maio, véspera da data oficial.


A primeira foi unha obra de teatro que argallaron os nenos e nenas de 4ºB de Educación Primaria.


Trátase dunha adaptación de "As cousas de Don Paco" (Eva Mejuto) que podedes ler na páxina de Primavera das Letras (Real Academia Galega) ilustrada por Lucía Cobo.

Houbo dous pases no ximnasio por rangos de idade e contaron coa axuda de Eva, coidadora do centro.

Foi moi entretida e tivo incluso unha parte musical que luciu moito co atrezzo e o vestiario.



A segunda proposta foi a interpretación ao vivo da canción e coreografía argallada no Obradoiro de Audiovisuais "Don Paco", que narra a biografía do homenaxeado deste ano: Francisco Fernández del Riego.


Para rematar, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo a iniciativa "12 días en galego" que pretende impulsar o emprego do noso idioma.

A partires do xoves, 18 de maio, os nenos e nenas que falen galego no ámbito escolar serán premiados cun selo que levarán os mestres. Os que máis selos teñan nos 12 días seguintes (ata o 2 de xuño, día da exposición de proxectos do PDI) terán un premio: unha entrada para visualizar unha película no mes de xuño con flocos de maíz... así que xa sabedes, facédevos notar e enchede o voso cartón!!!


Agardamos que pasedes un bo Día das Letras Galegas tambeiros/as co vídeo-resumo da xornada!!!