A Asociación Cultural "Fentos e Frouma" asistiu ao Carballal para dar unha charla ao alumnado de 6º de Educación Primaria o pasado xoves, 4 de maio.
A temática estivo relacionada co patrimonio cultural e histórico da contorna do colexio e coa transmisión oral do folclore, aspectos traballados por estes nenos/as no PDI "50 anos argallando", e que comezou cunha entrevista no mes de febreiro a membros dunha comparsa marinense de San Xián.
Se premedes na seguinte ligazón, poderedes ecceder á súa web.
O xoves, 11 de maio, continuaron coa súa investigación facendo un roteiro polos arredores do centro.
Acompañounos unha guía (Esther) e traballaron a toponimia e as construcións emblemáticas como a antiga escola do Carballal.
O alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu o pasado martes, 9 de maio, a unha actividade de atletismo con rapazada doutros centros de Marín.
Foi no campo de San Pedro e practicaron: velocidade, medio fondo, salto de lonxitude, vórtex, peso e relevos.
Tiveron uns resultados excelentes.
O xoves, 11 de maio, tivemos unha nova actuación do programa "Lectura e Familias" coa nai de Dani (6ºB de Educación Infantil).
Contounos os contos: "El libro enfadado" e "Monstro rosa".
Deixamos tamén a ligazón dun videoclip sobre un poema de Manuel Curros Enríquez que estamos a traballar na Aula de Música e no que colaborou o profe Víctor para que poidades practicar a melodía: "Cántiga".