viernes, 21 de junio de 2024

EXPOSICIÓN DO PDI 2023/2024 - FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS - GAÑADORES DE O VIDEOGHIT - DERRADEIRO DÍA DO CURSO - FESTA DA ANPA "VIÑAS BLANCAS"

Con esta entrada do blog, rematamos este curso 2023/2024, no que fixemos un percorrido de case 10 meses aprendendo unha chea de cousas sobre o coidado do corpo, da mente e da contorna.


O pasado martes, 18 de xuño, á tardiña, expuxemos no ximnasio, a toda a comunidade educativa, as actividades do PDI de cada un dos niveis.

 


Houbo animación por parte de Mimos e gozamos das dúas obras de teatro argalladas polo alumnado de 6º e 3º de Primaria: "A verdadeira historia das cores" e "Concerto para unha muller soa".

Tamén proxectamos este vídeo-resumo das actividades comúns.


O xoves, 20 de xuño, foi o festival de fin de curso e as graduacións do alumnado de 6º de Educación Infantil e Primaria cargado de actuacións.



Gozamos con estes vídeos-sorpresa das súas titoras... que son ben emocionantes!!!
Acudiu ao acto a mestra xa xubilada, Carmen Castro, que tivo ao seu cargo á rapazada de 6º de Educación Primaria durante a etapa de Infantil.




E aquí tedes un resumo da xornada!!!


Por outra banda, comunicáronnos que somos os gañadores do certame de videoclips en galego "O Videoghit" na categoría de Infantil e Primaria con "Poesía en Silencio".



Como non puidemos asistir á gala, enviáronnos o trofeo por paquetería e non podemos estar máis agradecidos a Suso, profesor organizador deste certame (IES Pintor Colmeiro de Silleda), que leva apoiando o audiovisual nas aulas como ferramenta educativa dende hai unha chea de anos de xeito moi firme.




O venres, 21 de xuño, foi a derradeira xornada lectiva deste curso e fixemos catro actividades.

A rapazada de 5º de Educación Primaria saiu ao IES Mestre Landín onde tiveron inchables, toro mecánico e incluso canciños quentes de merenda por cortesía da ANPA.



Tivemos tamén merendolas no exterior do Carballal, batalla de baile e entrega dos diplomas aos colaboradores de biblioteca deste curso por parte da mestra coordinadora: Chus.
Chegaron dende Santiago (Bibliotecas Escolares Solidarias) e foron acompañados dun agasallo!!!






O profe Carlos recibiu un cómic personalizado que argallaron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e catro alumnas de 4º de Educación Primaria fixéronnos un gran truco de maxia teatralizado no escenario do ximnasio.



Para rematar informamos que a Festa de Fin de Curso da ANPA "Viñas Blancas" (que fora adiada) será o vindeiro martes 25 de xuño pola tarde e estará anegada de actividades.


Agardamos que pasedes un bo verán e que veñades cargados de enerxía no mes de setembro para comezar unha nova aventura educativa.

Boas vacacións de verán tambeiros/as!!!

viernes, 14 de junio de 2024

CORRE POR MARÍN - SAÍDA A CABÁRCENO - SAÍDAS Á GRANXA KIRIKO - TORNEO DE BALONCESTO 3X3 - SAÍDAS AO CEIP SEQUELO - DÁLLE AO COCO DE MAIO - A DISCRETA BELEZA DOS TULIPÁNS

O alumnado de 3º de Educación Primaria vén de publicar un videoclip rodado con Manuel Rosales, logo da charla/entrevista que tiveron a pasada semana.

Agardamos que vos guste esta versión de "Salta" (Tequila): "Corre por Marín".

Queremos agradecer a Bibi (filla de Rosales) e á familia de Fiz a súa desinteresada colaboración para que esta merecida homenaxe fora posible. No noso colexio xa temos unha aula co seu nome. Agardamos que nun futuro tamén teña unha rúa en Marín.

Como sabedes, existe unha carreira na súa honra pois, Rosales, gañou nada máis e nada menos que oito veces a maratón de Nova York na categoría de veterano (entre outros moitos galardóns).

Aquí temos a Celia (5º de Educación Primaria) cunha medalla que gañou nesa importante carreira!!!


O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso dende o luns, 10 de xuño, ata o xoves, 13 de xuño.

Foron ao Parque Natural de Cabárceno (Cantabria), pasando pola praia das Catedrais, e visitaron tamén Santander e os arredores.


Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron unha saída á Granxa Kiriko o pasado martes, 11 de xuño, durante toda a xornada.


Pasáronno moi ben en contacto coa natureza e os animais.



Tamén foron os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria dende o mércores, 12 de xuño, ata o xoves, 13 de xuño... con noite incluída!!!


O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria tivo o torneo de baloncesto 3X3 na Raña o pasado mércores, 12 de xuño.

Estivo organizado polo Club de Baloncesto Peixe Galego e miramos a algún exalumno que xa é xogador de élite: Siro Mulugueta.




O alumnado de 6º de Educación Infantil foi ao CEIP Sequelo para facer unha actividade intercentro na mañá do xoves, 13 de xuño.


Gozaron dunha fermosa obra de teatro e fixeron unha boa papadela.


Encantounos estar coa nosa profa do ano pasado, Laura!!!


Ao día seguinte, o alumnado de 3º de Educación Primaria fixo un intercambio de cartas cos nenos dese centro no parque infantil da Barriada de Suboficiais.


Tamén foi a entrega de premios polas aulas dos gañadores/as do "Dálle ao coco" de maio.


Aquí tendes a algúns... parabéns!!!






Para rematar, queremos dar os nosos sinceiros parabéns á coidadora Eva pois, en breve, teremos nas librarías o seu primeiro libro: "A discreta beleza dos tulipáns".
Contén 27 relatos e 1 microrrelato.
Díxonos un paxaro que escribir é a súa paixón e como era de agardar, está en galego.
Conseguiu publicala, nada máis e nada menos, que coa mellor editorial de Galicia: Galaxia.
Por moitos máis, Eva!!!

viernes, 7 de junio de 2024

ENSALADA DE ANIMAIS - DÍA DA BICICLETA - REMOERGÓMETRO - SAÍDA Á CORUÑA - EXHIBICIÓN DA POLICÍA NACIONAL - LECTURA E FAMILIAS CON TARABELOS - TEATRO - VISITA DE MANUEL ROSALES - ACTIVIDADE INTERCICLO - X FEIRA DO LIBRO USADO

Esta semana, a rapazada de 6º de Educación Infantil, fixo a estrea dun videoclip inspirado nun poema da nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey.
Coa axuda das profas Eva e Laura (vestiario e storyboard), do profe Víctor (gravación e edición de audio e vídeo) e de tres alumnas de 6º de Educación Primaria (Aldhara, Blanca e Lucía) na rodaxe, elaboraron "Ensalada de animais"... agardamos que vos guste!!!


O luns, 3 de xuño, foi o día da bicicleta e moitos alumnos/as trouxeron a súa ao colexio para dar unha voltiña polo patio guiados polo profe Carlos.


Podedes ver aquí o videoclip de Paco Nogueiras "Bici, bicicleta" que é moi divertido.



O martes e o venres, 4 e 7 de xuño, tivemos unha sesión de remoergómetro para 5º e 6º de Educación Primaria no patio exterior e na Raña (Campionato Intercentros Xogade).



Conseguimos batir algún récord en franxas de 30 segundos!!!





Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria tiveron a súa saída didáctica de fin de curso á Coruña o pasado martes, 4 de xuño.



Visitaron o Domus e a Casa das Ciencias nun día moi completo e divertido!!!




O mércores, 5 de xuño, a Policía Nacional fixo unha exhibición para os nenos/as de 3º de Educación Primaria co gallo do seu 200 aniversario.




Ensináronnos o interior dos coches patrulla, déronnos uns carnets e pegatinas... e agora xa sabemos que cando hai unha urxencia debemos chamar ao 112 ou ao 091.



O xoves, 6 de xuño, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria interpretaron a obra de teatro "A verdadeira historia das cores" (adaptación do conto de Eva Heller) para todo o colexio no ximnasio.
Trátase dunha actividade desenvolvida dentro do PDI dese curso concreto: "Emocións de cores".
Con ela aprendemos moitas cousas sobre as cores básicas, as cores mestura e o círculo cromático.


Esa mesma mañá tivemos unha sesión conxunta da rapazada de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria con "Tarabelos" na biblioteca.



Correspondeu ao Programa "Lectura e Familias" pois, Esteban e Ana, son os pais de Olivia e Martín Acuña.
Gozamos co espectáculo "Debulendo lendas" no que tamén houbo interpretacións musicais con pandeireta.
Ao rematar démoslle un fermoso agasallo... grazas pola vosa agradable visita!!!





O venres, 7 de xuño, o alumnado de 3º de Educación Primaria entrevistou a Manuel Rosales na Aula de Música.
Dounos unha breve charla sobre a importancia do deporte no coidado do corpo e a mente e grazas á complicidade da súa filla Bibi, puidemos contar con el e gozar cun panel de fotos da súa traxectoria como atleta de élite na categoría de veterano.


Cantámoslle unha canción sorpresa sobre a súa vida, rodamos un videoclip con el que moi pronto poderedes visualizar no recuncho de Tambo e tamén lle demos uns agasallos.
Todo un exemplo de superación e coidado do corpo e mente para o PDI deste curso!!!
Moitas grazas pola vosa agradable e desinteresada visita!!!


O alumnado de 2º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil fixo unha actividade común na biblioteca esa mesma mañá.



Estivo relacionada coa convivencia e a transición de etapa.



Para rematar, informamos que por mor da previsión de meteoroloxía adversa, a X Feira do Libro Usado que se ía celebrar este sábado, 8 de xuño, foi adiada para o mes de setembro... iremos dando conta da data exacta, tambeiros/as!!!