viernes, 21 de junio de 2024

EXPOSICIÓN DO PDI 2023/2024 - FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS - GAÑADORES DE O VIDEOGHIT - DERRADEIRO DÍA DO CURSO - FESTA DA ANPA "VIÑAS BLANCAS"

Con esta entrada do blog, rematamos este curso 2023/2024, no que fixemos un percorrido de case 10 meses aprendendo unha chea de cousas sobre o coidado do corpo, da mente e da contorna.


O pasado martes, 18 de xuño, á tardiña, expuxemos no ximnasio, a toda a comunidade educativa, as actividades do PDI de cada un dos niveis.

 


Houbo animación por parte de Mimos e gozamos das dúas obras de teatro argalladas polo alumnado de 6º e 3º de Primaria: "A verdadeira historia das cores" e "Concerto para unha muller soa".

Tamén proxectamos este vídeo-resumo das actividades comúns.


O xoves, 20 de xuño, foi o festival de fin de curso e as graduacións do alumnado de 6º de Educación Infantil e Primaria cargado de actuacións.



Gozamos con estes vídeos-sorpresa das súas titoras... que son ben emocionantes!!!
Acudiu ao acto a mestra xa xubilada, Carmen Castro, que tivo ao seu cargo á rapazada de 6º de Educación Primaria durante a etapa de Infantil.




E aquí tedes un resumo da xornada!!!


Por outra banda, comunicáronnos que somos os gañadores do certame de videoclips en galego "O Videoghit" na categoría de Infantil e Primaria con "Poesía en Silencio".



Como non puidemos asistir á gala, enviáronnos o trofeo por paquetería e non podemos estar máis agradecidos a Suso, profesor organizador deste certame (IES Pintor Colmeiro de Silleda), que leva apoiando o audiovisual nas aulas como ferramenta educativa dende hai unha chea de anos de xeito moi firme.




O venres, 21 de xuño, foi a derradeira xornada lectiva deste curso e fixemos catro actividades.

A rapazada de 5º de Educación Primaria saiu ao IES Mestre Landín onde tiveron inchables, toro mecánico e incluso canciños quentes de merenda por cortesía da ANPA.



Tivemos tamén merendolas no exterior do Carballal, batalla de baile e entrega dos diplomas aos colaboradores de biblioteca deste curso por parte da mestra coordinadora: Chus.
Chegaron dende Santiago (Bibliotecas Escolares Solidarias) e foron acompañados dun agasallo!!!






O profe Carlos recibiu un cómic personalizado que argallaron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e catro alumnas de 4º de Educación Primaria fixéronnos un gran truco de maxia teatralizado no escenario do ximnasio.



Para rematar, informamos que a Festa de Fin de Curso da ANPA "Viñas Blancas" (que fora adiada) foi suspendida finalmente por mor da meteoroloxía.

Agardamos que pasedes un bo verán e que veñades cargados de enerxía no mes de setembro para comezar unha nova aventura educativa.

Boas vacacións de verán tambeiros/as!!!