O alumnado de 3º de Educación Primaria vén de publicar un videoclip rodado con Manuel Rosales, logo da charla/entrevista que tiveron a pasada semana.
Agardamos que vos guste esta versión de "Salta" (Tequila): "Corre por Marín".
Queremos agradecer a Bibi (filla de Rosales) e á familia de Fiz a súa desinteresada colaboración para que esta merecida homenaxe fora posible. No noso colexio xa temos unha aula co seu nome. Agardamos que nun futuro tamén teña unha rúa en Marín.
Como sabedes, existe unha carreira na súa honra pois, Rosales, gañou nada máis e nada menos que oito veces a maratón de Nova York na categoría de veterano (entre outros moitos galardóns).
Aquí temos a Celia (5º de Educación Primaria) cunha medalla que gañou nesa importante carreira!!!
O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso dende o luns, 10 de xuño, ata o xoves, 13 de xuño.
Foron ao Parque Natural de Cabárceno (Cantabria), pasando pola praia das Catedrais, e visitaron tamén Santander e os arredores.
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron unha saída á Granxa Kiriko o pasado martes, 11 de xuño, durante toda a xornada.
Pasáronno moi ben en contacto coa natureza e os animais.
Tamén foron os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria dende o mércores, 12 de xuño, ata o xoves, 13 de xuño... con noite incluída!!!
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria tivo o torneo de baloncesto 3X3 na Raña o pasado mércores, 12 de xuño.
Estivo organizado polo Club de Baloncesto Peixe Galego e miramos a algún exalumno que xa é xogador de élite: Siro Mulugueta.