jueves, 30 de abril de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES - MAIO - SAÍDAS DIDÁCTICAS - ACTIVIDADE XEOLÓXICA

Comezamos esta semana no Carballal cunha das actividades pendentes do "Día do Libro".


Trátase dos tradicionais "Apadriñamentos Lectores" no exterior do cole.



Neles, o alumnado colaborador de biblio, cóntalle contos aos máis peques das Viñas Blancas en grupos reducidos.




Celebramos tamén os Maios e fomos coller pampullo pola contorna do cole.



Pouco a pouco armamos colares e montamos o noso Maio nunha estrutura.



Finalmente, colocámoslle a coroa de gorro de cociñeiro, cantamos as coplas relacionadas co PDI e interpretamos ao vivo a mítica canción "Aí vén o Maio".


Por outra banda, tivemos dúas saídas didácticas.
A primeira foi para que o alumnado de 5º de Educación Primaria coñecera plantas da contorna de Marín coa axuda de Esther.



A segunda foi ao Café Moderno de Pontevedra por parte de todo o alumnado de Educación Infantil.


Gozaron cun obradoiro sobre reciclaxe e tiveron tempo tamén para xogar e merendar polos arredores.


Para rematar, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria tiveron unha charla ben interesante sobre xeoloxía (rochas) na biblioteca.


Foi con Pepote, parella da nosa administrativa Mercedes.