miércoles, 5 de junio de 2019

EXCURSIÓN A CABÁRCENO

Os nenos e nenas de 6º de primaria, que este ano deixan o Carballal para emprender unha nova etapa, desfrutaron dunha marabillosa excursión de fin de curso ao Parque Natural de Cabárceno, en Cantabria.
Fixeron paradas importantes de camiño, como a da praia das Catedrais ou a de Xixón.
No albergue puideron saborear o primeiro chapuzón da tempada na súa piscina...
A actividade desenvolveuse entre o martes 21 e o venres 24 de maio e as profas acompañantes foron Chus e Eva.
Fixeron tamén visitas polos arredores do parque.
Agradecemos un mundo a colaboración da ANPA "Viñas Blancas" nos labores de xestión.
Aquí vos deixamos un vídeo-resumo para que teñades unha boa lembranza!!!