1. O día 13, todo o alumnado de primaria, acudiu á III Carreira Escolar "Botón de Ancla".
Está organizada, dende a primeira edición, pola Escola Naval Militar e polo Concello de Marín.
Se premedes na seguinte ligazón, poderedes visualizar un fermoso vídeo-resumo:
2. O alumnado de 2º de primaria, cultivou plantas aromáticas no invernadoiro: pirixel, romeu, cilantro, ourego, macela e menta, entre outras moitas.
Logo, coa axuda da nai de Thiago e a nai de Martina, elaboraron aceites aromatizados que tiveron que deixar reposar durante tres semanas.
O mellor chegou coa degustación que fixemos no comedor escolar mollando pan e tentando adiviñar con que planta estaban aromatizados.
Con lima, menta, zume de limon, un chisco de stevia, xeo picado e gasosa, elaboraron tamén unhas refrescantes caipirinhas.
3. Os nenos e nenas de 6º de primaria, que cursan a materia de libre configuración de Salvamento Acuático na Piscina Municipal coa profa Paloma, tiveron dúas actividades relacionadas ben interesantes.
A primeira delas, consistiu nunha sesión de natación sincronizada organizada polo "Club de Natación Sincronizada de Pontevedra".
A segunda estivo relacionada co Salvamento Acuático e tiveron que desprazarse á praia de Mogor.
Estivo organizada polo Club de Salvamento "SAPO" de Pontevedra, ao cal estamos moi agradecidos.
Se queredes saber un pouco máis, podedes premer nas seguintes ligazóns, que vos levarán ás súas páxinas web:
4. Deixamos tamén unha fotiño do alumnado de Educación Infantil, na sesión de animacion á lectura desenvolvida polo Concello de Marín, baseada en Antón Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.
5. E para rematar, o alumnado de 5º e 6º de primaria, acudiu ao IES "Mestre Landín" o pasado mércores, 29 de maio, para desfrutar dun Obradoiro de Robótica xunto á rapazada doutros colexios da vila, coma o Sequelo.
A exposición-competición foi no noso cole o pasado mércores 5 de xuño.
Aquí tendes unha reseña xornalística e un vídeo-resumo: