martes, 4 de junio de 2019

VISITA DE FINA E SALVADOR

O pasado venres, 31 de maio, desenrolouse unha nova actividade enmarcada no PDI: "Marín, de todo un chisquín".
O avó e a avoa de Hugo, alumno de 5º de educación infantil, labreg@s marinenses de pura cepa, ensináronnos un feixe de cousas sobre labranza a través dunha entrevista realizada polo propio alumnado. 



A verdade é que xa apuntan maneiras e algún seguro que remata adicándose ao xornalismo!
Desfrutamos un mundo plantando patacas e amorodos no invernadoiro, falando das ferramentas do campo e sobre todo, cando nos deixaron montar no tractor que empregan no seu labor diario.



Moitísimas grazas: Fina e Salvador.
Agardamos que voltedes noutra ocasión!!!
Mirade que vídeo máis fermoso nos deixaron como testemuña do seu paso polo Carballal...