viernes, 16 de junio de 2023

HOMENAXE A FINA CASALDERREY - PROGRAMA PHOENIX - FESTA DA ANPA - GALA VIDEOGHIT - VISITA DA GALIÑA AZUL - INTERCAMBIO DE LIBROS USADOS - XOGOS DE MESA - ACTIVIDADE CO MESTRE LANDÍN - CINE EN GALEGO

O pasado sábado, 10 de xuño, a escritora e madriña da nosa biblioteca escolar, Fina Casalderrey, recibiu unha grande homenaxe en Pontevedra por parte da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Trátase da mención "Escritora na súa Terra", na que lle concederon a letra E.

Queremos darlle, dende o Carballal, os nosos parabéns!!!


Durante a mañá do martes, 13 de xuño, tivemos unha charla no ximnasio por parte do atleta Víctor Riobó sobre o Proxecto Phoenix, destinado á materia de Educación Física e relacionado coa resistencia física, a habilidade, etc.


Estivo destinada ao alumnado de Educación Primaria e tamén tivo a súa parte práctica no exterior.

Esta iniciativa, creada pola Fundación Phoenix (Polonia) á que pertence Javier Gómez Noya, pretende fomentar a actividade física na rapazada.


O mércores, 14 de xuño, recibimos unha visita en Educación Infantil do alumnado da Galiña Azul na que o pasamos realmente xenial!



Démoslle un pompeiro como agasallo e merendamos todos/as xuntos/as no patio.



Esa mesma mañá, o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, tivo unha sesión sobre xogos de mesa na biblioteca.

Impartiuna a empresa "Corvus Belli".


O xoves, 15 de xuño, o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo unha actividade común coa rapazada do IES "Mestre Landín" que xa fixemos o pasado curso.


Argallaron pontes con grande resistencia a partires de material moi fino de madeira.


Á tardiña, a ANPA "Viñas Blancas" celebrou a súa tradicional "Festa de Fin de Curso" na que se achegaron tamén Donald e Mario Bros.



Houbo: un palomitero, inchables secos e de auga e un toro mecánico.



Nesa mesma xornada foi a Gala de Entrega de Galardóns dos premios "Videoghit" nos que tiñamos varios vídeos finalistas.

Foi no IES "Pintor Colmeiro" de Silleda e acudiu un representante do colexio.

Levamos o premio ao mellor guión con "Heroes enmascarados", argallado polo alumnado que hoxe cursa 6º de Educación Primaria e inventado por Hugo Cao (4º de Educación Primaria).


O mellor Videoghit 2023 levouno "Cántiga", do IES "Chan do Monte" de Marín.


E o mellor Videoghit de Infantil e Primaria foi para "O cole que mola" de Cea.


Nas mañás do xoves 15, venres 16 e martes 20 de xuño, houbo unha serie de proxeccións no ximnasio, por quendas de idade, dunha película acompañada por flocos de maíz.




O público foi todo o alumnado que cubriu o seu cartón da actividade "12 días en galego", proposta polo EDLG e que fomenta o emprego do galego.




Para rematar, o pasado sábado, 17 de xuño, pola mañá, celebrouse na Alameda de Marín a "Feira do Libro Usado", organizada polos colexios de Seixo e Ardán e que conta coa colaboración do resto de centros do municipio e do Concello de Marín.

O alumnado trouxo libros usados ao colexio e recibiu un bono por cada un deles, que puido canxear nesa xornada por outro libro usado.