jueves, 22 de junio de 2023

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2023 - GRADUACIÓNS - OUTRAS NOVAS

Este ano dedicamos un PDI ben completo ao noso colexio polo seu 50 aniversario, o que fixo que fora un curso moi intenso e emocionante.

Chegamos á recta final e agora toca descansar para comezar un novo reto en setembro.


Nesta derradeira semana tivemos algunhas actividades interesantes no Carballal.

O alumnado de 3ºA de Primaria mostrou unha serie de máquinas sinxelas que fixeron na aula ao resto do colexio.



O alumnado de 2ºA de Educación Primaria entregou o seu produto final sobre investigación de xogos tradicionais dos anos 70 que comprimiron neste vídeo.

Tiveron tamén unha actividade de fin de curso artellada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e interciclo.




Consistiu na búsqueda dun tesouro e estivo relacionada coa confección de rimas, adiviñas e trabalinguas en galego.




O final do xogo levábanos a unha palabra que de seguro coñecedes: "Carballal".




Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria tamén entregaron un fermoso traballo relacionado co PDI argallado na Sección Bilingüe de Plástica en Inglés.

Consiste nun vídeo no que describen o Carballal nos anos 70 e no que artellaron uns debuxos ben chulos.

A rapazada de 6º de Educación Infantil visitou as aulas de 1º de Primaria que ocuparán o ano que vén.


Nesta visita fixeron unhas coroas moi fermosas.




O martes, 20 de xuño, á tardiña, foron as graduacións de Infantil e Primaria e nela, os nenos/as que deixan o noso cole para comezar unha nova etapa no instituto, dixeron unhas fermosas verbas...



Nela proxectáronse algúns vídeos emotivos.


O mércores, 21 de xuño, celebramos o Festival de Fin de Curso pola mañá e con el... despedímonos!!!

Houbo moitas coreografías baseadas en cancións das cinco décadas que leva de percorrido o noso centro, como a que fixeron os nenos/as de 5ºA de Educación Primaria sobre o mix que aparece no vídeo.


O remate entregamos os diplomas aos axudantes da biblioteca que fixeron que funcionase á perfección durante o curso.


Tamén entregamos un agasallo a Bety, que logo de 15 anos no colexio, deixa o Comedor Escolar... agardamos que che vaia ben!!!


Aquí tedes o vídeo-resumo do Festival e das Graduacións... que pasedes un bo verán!!!