O pasado luns, 5 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria partiu cara Cantabria para realizar a súa excusión de final de curso.
Voltaron o xoves, 8 de xuño, logo de visitar, entre outros lugares: a cova do Soplao, Santander e o Paque Natural de Cabárceno.
O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria tamén realizou a súa saída de fin de curso durante dous días no Camping de O Grove.
Pasaron alí, noite incluída, o luns e o martes, 5 e 6 de xuño.
Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria saíron o pasado martes, 6 de xuño, a O Grove.
Visitaron o Acuario e deron unha ruta en barco.
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria tamén pasaron dous días de excursión (xoves e venres, 8 e 9 de xuño).
Estiveron na Granxa Kiriko, na que levaron a cabo moitas actividades como facer pan, tiro con arco ou canoa.
Queremos informarvos tamén que somos finalistas en varias categorías nos "Premios Videoghit" organizados polo IES Pintor Colmeiro de Silleda e no que levamos anos participando.
Deixámosvos unhas instantáneas da sesión de "Lectura e Familias" que se levou a cabo o martes, 6 de xuño, tratando dous contos: "A mosca chosca" e "¡Cómo te como!".
Foi para o alumnado de 5º de Educación Infantil e 5ºA de Educación Primaria, con Esteban e Ana, pais de Olivia e Martín, que trouxeron a súa maleta vixeira e dous monicreques ben chulos.