viernes, 3 de mayo de 2024

A XANELA DO MAXÍN - FESTA DOS MAIOS - OBRADOIRO DE MANUALIDADES

O pasado luns, 29 de abril, tivemos unha actividade ben interesante con Pepe, membro da compañía teatral "A xanela do maxín".


O espectáculo titulouse "Pasando a bóla", baseado no conto "A banda dos insectos", que trata sobre o bullying.



Foi no ximnasio e estivo dirixida ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dunha forma interactiva.


O pasado martes, 30 de abril, festexamos os Maios no Carballal e a chegada da primavera, pois en este colexio conservamos as tradicións da nosa vila.

Por mor da meteoroloxía adversa, fixémolo no interior, pero aínda así, quedounos un Maio ben bonitiño anegado de: espadaina, fiúncho, laranxas, pampullo, ovos e calas!!!


Cantamos coplas relacionadas co PDI deste curso e será empregado pola ANPA "Viñas Blancas" (emprestounos a estrutura) para levar ao concurso de Pontevedra.



Moitas grazas ás familias polo material aportado!!!


Para rematar, na tarde do xoves, 2 de maio, a ANPA "Viñas Blancas" levou a cabo un obradoiro de manualidades no que elaboraron chaveiros con formas diversas para agasallar no Día da Nai.



Foi impartido por Tere, nai de Alba e Hugo Ramallo... e pasámolo xenial!!!