O pasado luns, 27 de maio, tivemos unha nova saída ao Centro de Día de Marín para facer unha actividade conxunta entre dúas xeracións ben distanciadas no tempo.
Correspondeu aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria.
Cantamos dúas cancións ao vivo acompañados coa guitarra e recitamos poemas de Rosalía de Castro vestidos con traxe tradicional.
O mércores, 29 de maio, o alumnado de Educación Infantil tivo unha saída didáctica á Granxa Kiriko na que incluso fixeron galletas.
Pasáronno xenial en contacto coa natureza e os animais e o día non podía ser mellor en canto á meteoroloxía.
O martes e mércores, 28 e 29 de maio, tivemos a visita dunha exalumna do cole que xa cursa 4º de Enfermería e que trouxo material que empregará no seu futuro traballo.
A actividade correspondeu ao programa "Lectura e Familias".
Estivo na aula de 5ºB de Educación Primaria, pois Gabriela é a súa irmá, explicando algúns conceptos ao alumnado sobre o sistema circulatorio e o aparato reprodutor.
Lembrou tamén vellas historias do cole de cando ela era alumna.
Moitas grazas pola visita, Érika!!!
O xoves, 30 de maio, tamén houbo unha sesión en 4º de Educación Infantil con Bea, nai de Lucas.
Auscultounos, agasallounos cun botiquín a cada un de nós e trouxo un esqueleto moi gracioso.
Démoslle un pequeno agasallo ao rematar pola súa agradable visita!!!
O profe Lucas comezou esta semana un obradoiro de circuítos eléctricos na Aula STEAM no que a rapazada debe completar retos para acender lámpadas.
Aquí temos aos nenos/as de 1º de Educación Primaria facéndoos con plastilina e explorando libremente pero, extenderáse a máis alumnado nas vindeiras semanas.
O Departamento de Orientación pendurou nova información no taboleiro dun dos andares do colexio.
Trátase de conceptos e datas relevantes sobre identidade sexual proporcionados pola Rede LGTBIQ+.
Para rematar, o pasado venres, 31 de maio, celebrouse a tradicional Festa da Escuma no exterior con ximnasia rítmica incluída.
Estivo organizada pola ANPA "Viñas Blancas" e durou toda a tardiña... pasámolo xenial!!!