O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria fixo dúas saídas relacionadas co PDI deste ano: "Mergullo nas rías".
Os nenos e nenas de 4º saíron o pasado venres, 27 de maio, á Praza de Abastos de Marín.
Alfonso Díaz, reputado cociñeiro da vila, ensinoulles a facer varias receitas con produtos do mar.
A saída contou coa colaboración de OPROMAR.
Podedes visualizar a noticia na Carriola de Marín, premendo nesta ligazón:
Por outra banda, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, acudiron ao Museo do Mar de Marín e a "Aixola", o pasado venres, 3 de xuño, para aprender moitas cousas sobre as nosas rías, nudos e embarcacións.