sábado, 4 de junio de 2022

OLLOBOI 2022 E EDUCACIÓN VIAL

Un ano máis voltamos ser finalistas no Festival Audiovisual Escolar "Olloboi".

"Mergullo nas Rías", videoclip argallado polo alumnado de 4º de Educación Primaria no Obradoiro de Audiovisuais é finalista na sección "Mellor Videoclip".



O alumnado de 5º de Educación Primaria é finalista co videoclip "Heroes enmascarados", producido no pasado curso, na sección "Peque".
Conta tamén coa colaboración de 4 alumnos de 3º de Educación Primaria: Iago, Anxo, Noa e Hugo.



A gala de entrega de galardóns será o vindeiro venres, 10 de xuño, en Boiro.
Haberá un concerto antes de "Peter Punk" e acudirá o alumnado de 4º de Educación Primaria, pois os de 5º xa foron en setembro á gala do FicBueu.

OLLOBOI


Por outra banda, tivemos unha sesión formativa de Educación Vial no centro como vén sendo habitual da man da DGT.