sábado, 11 de junio de 2022

GALA OLLOBOI 2022 CON DOUS PREMIOS

O pasado venres, 10 de xuño, celebrouse en Boiro a Gala de Entrega de Galardóns do Festival Audiovisual Escolar "Olloboi" na que tiñamos dúas nominacións.

Acudiu o alumnado de 4º de Educación Primaria que recibiu unha Mención de Honra na sección "Videoclip" coa súa peza "Mergullo nas Rías".

Na sección "Peque" (Mellor traballo de Educación Infantil e Primaria), gañou o videoclip producido no curso pasado polo alumnado que agora cursa 5º de Educación Primaria: "Heroes enmascarados".

O premio consiste nun espectáculo de Peter Punk no cole para todo o alumnado que será o vindeiro luns, día 21, pola tarde (logo da exposición de proxectos).

Moitos parabéns a todos os implicados!!!

Aquí tedes o palmarés e un vídeo-resumo: