jueves, 16 de junio de 2022

TENDENDO PONTES

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria realizaron unha actividade conxunta co alumnado de 2ºA de ESO do IES Mestre Landín durante a mañá do xoves 16 de xuño.


Asistiu tamén a rapazada de 6º de Educación Primaria que non foi á excursión de Cabárceno.

A actividade estivo baseada na construción de pontes con láminas finas de madeira e quedamos sorprendidos do peso que soportan.



Tamén houbo moito de robótica, tal e como podedes apreciar nas instantáneas.