O alumnado de 3º de Educación Primaria vén de rematar un fermoso traballo coas súas titoras, no que empregaron a técnica de StopMotion.
A modo de poema, relatan a historia de Erea durante a súa visita ao Museo do Mar de Vigo, lugar ao que acudirán estes rapaces na súa excursión de fin de curso o vindeiro mércores 22 de xuño.
Contaron coa colaboración de Eva Gutiérrez (coidadora), de alumnado de 5º de Educación Primaria que aportou a súa experiencia previa, dalgunhas familias (nos decorados) e do Obradoiro de Audiovisuais... moitas grazas a todos eles e elas.
Estupendo produto para o PDI "Mergullo nas Rías".
Agardamos que vos guste tambeiros/as!!!