lunes, 13 de junio de 2022

XANTANDO E VIAXANDO CON SIDNEY

Este curso, con motivo do PDI do centro “Mergullo nas rías”, as clases de 5º e 6º de Educación Primaria, traballamos  a gastronomía e o turismo  nas rías e vilas mariñeiras.

En 6º, fixemos folletos turísticos de diferentes cruceiros con propostas de empresas navieiras e as súas embarcacións.

En 5º fixemos un roteiro gastronómico cun mapa coa localización dos restaurantes, as cartas, as tarxetas de presentación e os seus logos.

Deixámosvos estes dous vídeos nos que Sidney e un grupo de nenos/as intentan facer un plan para viaxar e xantar.