O pasado domingo, 12 de febreiro, celebrouse o Campionato Provincial de Campo a Través desenvolvido polo Programa XOGADE.
Foi en Vigo (inmediacións do Pavillón das Traviesas) e acudiu alumnado do Carballal que estaba clasificado acompañados polas mestras Paloma e Celia.
Houbo nenos/as do centro que quedaron entre os 10 primeiros na Categoría Benxamín e Andrés Omil, 4º na categoría Alevín, está clasificado para o Campionato Galego que se celebrará proximamente.Moitos parabéns campión!!!
Por outra banda, queremos lembrar que mañá martes, o Mandadiño nos di que debemos traer os zapatos direfentes.
Hoxe rimos a escachar cos trebellos que trouxemos na cachola!