jueves, 9 de marzo de 2023

BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR - RECOLLIDA DE ACEITE - CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS - PROBAS DE SON

O pasado xoves, 9 de marzo, visitounos a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, que fixo dúas actuacións no ximnasio, unha para o alumnado de Educación Infantil e outra para os nenos/as de Educación Primaria.


O director da banda é o pai de Aday (alumno de 2º de Educación Primaria) e algúns dos músicos son familiares do alumnado (o pai de Martín, de 6º de Educación Primaria).


Fixeron unha explicación didáctica dos instrumentos que compoñían a banda e as súas características, familia, partes, material, etc.
Queremos agradecerlles enormemente a súa desinteresada colaboración co colexio!


A actividade está enmarcada nun proxecto de 2º de Educación Primaria dedicado ás profesións e tamén ten relación co PDI "50 anos argallando", pois algunhas das cancións que interpretaron eran dos anos 70 (fixemos versións), década na que se fundou o noso colexio.

A semana anterior xa acudira o avó de Gael (carpinteiro) e o pai de Aldara (coidador de animais do Zoo de Vigo) para explicar as súas profesións.


Aquí tedes un resumo da actividade, na que tamén tocou Martín e, ás veces, dirixiron Yasser e Dani.

Agardamos que vos guste tambeiros!!!

A comezos de curso recibimos, por parte do Concello de Marín, unha serie de funís para depositar o aceite usado nunha botella que permita deixalo nun colector para a súa reciclaxe.

A empresa que os recolle, aportará 15 euros á ANPA "Viñas Blancas" por cada colector, e por iso, precisamos da vosa colaboración.

Xa sabedes, se tedes aceite usado para reciclar, podedes depositalo no colexio.


Queremos dar os nosos parabéns a Andrés Omil, alumno de 5º de Educación Primaria, por quedar na posición 30 do Campionato Galego de Campo a Través "Xogade" que se celebrou o pasado sábado, 4 de marzo, na Pobra do Caramiñal.


Para rematar, comentarvos que os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria están a facer probas de son na radio escolar para a entrevista que lle farán o vindeiro xoves, 16 de marzo, a Esther, presentadora do "Dígocho eu" da TVG, que virá gravar un dos seus programas ao Carballal.