miércoles, 1 de marzo de 2023

VISITA DE ROSA ANA SÁNCHEZ GUILLÉN - SEMANA BRANCA - DÍGOCHO EU

O pasado 11 de febreiro foi o "Día da Nena e a Muller na Ciencia" e para celebralo, invitamos a unha científica-investigadora de insectos ao recuncho de Tambo o pasado mércores, 1 de marzo.


Trátase de Rosa Ana Sánchez Guillén, pontevedresa de berce, que actualmente traballa en México.


Falounos da importancia das mulleres na ciencia e fixo unha actividade de búsqueda de insectos coa rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria.
Esta visita tamén está incluída nas que se farán co gallo do "Día da Muller" (8 de marzo).


Por outra banda, o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou moito da "Semana Branca" en Leitariegos (León) coas profas Laura e Paloma.


Saíron ben cedo o pasado luns, 27 de febreiro e regresaron o mércores, 1 de marzo, á noitiña.


Tiveron clases de esquí, fixeron bonecos de neve, guerras de bólas, descenso con raquetas de neve, visita á vila mineira de Villablino e como non, veladas nocturnas ateigadas de xogos e baile.



Para rematar, queremos comunicarvos que o programa "Dígocho eu" da Televisión de Galicia gravará un dos seus capítulos no Carballal o vindeiro xoves, 16 de marzo, como actividade do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Remataremos esa mañá interpretando a canción "Autoxenreira" que debedes practicar.
Aquí a tedes completa e por partes para o voso ensaio.