viernes, 10 de marzo de 2023

VISITA DE CARMEN CASTRO

O pasado venres, 10 de marzo, visitounos Carmen Castro, mestra xubilada que estivo 34 anos no Carballal de forma ininterrompida, batendo o record de permanencia neste centro.

A actividade está enmarcada no 8M e tamén no PDI "50 anos argallando", pois ela é unha das persoas que máis sabe das Viñas Blancas e da súa transformación co paso do tempo.

Plantou chícharos (5 anos), leitugas (3 anos) e amorodos (4 anos) coa rapazada de Educación Infantil na aula STEAM... e díxonos un paxaro que tamén ten plantado aguacates co seu alumnado no pasado.

Logo cantaron e recitaron algúns versos.



Plantaron un camelio na entrada do colexio co gallo do 50 aniversario e ela puxo a semente de honra... quen mellor!

Agardamos que siga ergueito, polo menos, outros tantos anos máis!

Deixamos aquí 5 vídeos dedicados a ela no curso que se xubilou nos que, de seguro, vos atopades moito máis cativos.

1. A súa despedida cun corredor de agarimo.

2. O videoclip que argallaron os seus derradeiros alumnos: "Piolliños".

3. O programa de tv "Ruxerruxe nas Ondas", no que, de cara ao final, aparecen moitas máis sorpresas para ela: poemas, cancións, etc.


4. Videoclip "Casares-Tón", do que é protagonista.


5. Videoclip "Xa non teño medo", do que tamén é protagonista.

Un millón de grazas pola túa visita supermestra... e pola pegada que deixaches neste cole!