O pasado xoves, 16 de marzo, estivo o equipo do programa da TVG "Dígocho eu" no Carballal para gravar un dos seus capítulos co alumnado de 4ºA de Educación Primaria, nos que ensinan a empregar o galego correctamente... aínda que xa sabemos que o peor galego é o que non se fala!
A continuación, dous alumnos de 5ºB de Educación Primaria (Blanca e Manuel) entrevistaron á súa presentadora na radio escolar, Esther Estévez, que vén de recibir un premio Mestre Mateo á mellor comunicadora a pasada fin de semana.
As preguntas saíron dunha selección que propuxo todo o alumnado (gravadas a modo de cuña radiofónica) e algunhas ían dirixidas á mascota do programa: Digochiño (é a primeira vez que asiste a un centro educativo).
Fixemos tamén uns bocadelos con palabras mal ditas e a súa opción correcta.
Aquí tedes o podcast do programa "Ruxerruxe nas Ondas" de Radio-Tambo, que botou a andar novamente nun espazo acondicionado acusticamente, logo de dous cursos sen actividade por mor da pandemia.
Se premedes na seguinte ligazón poderedes visualizar o vídeo do programa (está relacionado co PDI "50 anos argallando")!!!
Finalizamos a xornada interpretando todos xuntos a canción "Autoxenreira", baseada nun poema de Florencio Delgado Gurriarán en prol do galego, que compuxemos no cole o curso pasado co gallo do Día das Letras Galegas.
Fixemos tamén instantáneas de grupo nun photocall.
O martes, día 14, recibimos unha visita de Elena García (ONCE) que asistiu para dar unha charla ao alumnado de 6º de Educación Primaria sobre as persoas con discapacidade, pois ela ten unha prótese nunha perna por causa dun accidente de tráfico.
A actividade está enmarcada no Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que foi o pasado 3 de decembro.
Por outra banda, o profesorado recibiu unha sesión formativa sobre radio escolar o pasado luns, 13 de marzo, que foi impartida por Javier Prado e na que aprenderon unha chea de cousas.
Premede na foto se queredes saber máis.