O alumnado de 6ºA de Educación Infantil tivo unha saída á Escola da Galiña Azul (San Pedro) o pasado venres, 24 de marzo.
Fixeron de contacontos narrando "A que sabe a Lúa" e estamparon coas mans os animais que aparecen como protagonistas.
Recibiron con agarimo un agasallo por parte deses pequechos... un biscoito que estaba ben rico!!!
Eles tamén levaron uns marcapáxinas de Tambo como ofrenda.
Por outra banda, o pasado martes, 28 de marzo, saiu todo o alumnado de Educación Infantil á contorna do noso centro para facer un traballo de investigación sobre a flora e a fauna para o PDI "50 anos argallando".
Aquí tedes algunhas instantáneas!!!
Esa mesma mañá, os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria saíron a Pontecaldelas.
Tiveron unha divertida sesión de hípica na que gozaron moito.
Para rematar, o pasado luns, 27 de marzo, tivemos a primeira sesión de contacontos na biblioteca correspondente ao programa "Lectura e Familias" para Educación Infantil.