Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía, tal e como indica, en verso, a pizarra do recuncho de Tambo.
Recibimos unha visita nas aulas por parte dos axudantes da biblioteca.
Informáronnos que para festexar a xornada, Tambo, argallou un poema ben fermoso que podedes ler deseguido.
Como andaba medio apampanado... cometeu algún erro... dígocho eu!!!
A ver se os atopades.
Animáronnos a elaborar os nosos propios versos para anegar os corredores do Carballal de flores.
Debemos escribilos nas seguintes plantillas que logo podedes colorear.
Deixaron tamén uns libros de poemas axeitados a cada idade para que puidéramos ter unha axuda... pois ninguén nace aprendido!