miércoles, 30 de mayo de 2018

DÉRONNOS DOUS PREMIOS NO PROXECTO FARO DA ESCOLA

Unha das actividades relacionadas co PDI de este curso foi o proxecto "Faro da Escola".
Grazas a el elaboramos por completo o noso propio xornal que xa está no colexio.
O pasado luns, 28 de maio, déronnos dous recoñecementos polo noso traballo nunha gala celebrada en Vigo e á que acudiu o alumnado de 3º de Primaria cos seus titores.
Podedes estar ben orgullos@s polo traballo!!!
Agardamos que desfrutedes moito mergullándovos nel...



E aquí podedes ver un vídeo con anacos desa gala:

sábado, 26 de mayo de 2018

GAÑAMOS DOUS PREMIOS NOS VIDEOGHIT 2018

Aínda que tiñamos catro traballos audiovisuais con oito nominacións nos Premios Videoghit 2018 en diversas categorías, "Fals'e traedor" acadou dous recoñecementos polo mellor Videoghit de Infantil e Primaria e Ángela, unha das súas protagonistas, o Videoghit á mellor actriz.


A gala foi onte en Silleda e asistiron varios mestres e dous representantes do alumnado: Hernán e Sira.


Esta curta-videoclip xa acadara o primeiro premio no certame VindeVídeos.


Unha vez máis, parabéns ao alumnado de 5º de Primaria en particular e a toda a comunidade educativa do Carballal, en xeral, polas nominacións.
Aquí tedes unha foto dos trofeos, un vídeo da recollida de galardóns e unha notiña de prensa:




martes, 22 de mayo de 2018

ECOPERCUSIÓN

Esta mañá, o alumnado de 5º de Primaria desfrutou dunha actividade musical relacionada coa percusión con material de refugallo impartida por Didier Díaz (ecopercussion@yahoo.es   tf:657290808).
Aprendemos cousas sobre este tipo de instrumentos, fixemos patróns rítmicos simultáneos e executamos exercicios de imitación.
Unha actividade máis para o PDI: "A maxia de comunicar"... con linguaxe musical.
Aquí tedes unha mostra en vídeo:


E aquí a visita que Didier nos fixo hai dous cursos:

NOMINADOS NOS PREMIOS VIDEOGHIT 2018

Un ano máis temos nominacións nos Premios Videoghit, unha fermosa iniciativa do IES Pintor Colmeiro de Silleda que pretende potenciar os videoclips escolares en galego.
Somos finalistas en cinco das sete categorías ás que optabamos e... un premio asegurado!
En total hai 8 nominacións para o Carballal.
A gala de entrega de premios será o vindeiro venres 25 de maio no Auditorio da Feira Internacional de Silleda ás 20:30 horas.
Se queredes acudir con algún familiar podedes facelo, aínda que irán mestres en representación da comunidade educativa que elaborou os videoclips implicados.
Queremos dar mil grazas por este recoñecemento... 
Parabéns rapazada!!!




Mais información na seguinte ligazón:

lunes, 14 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018-PREMIO DE NARRACIÓN-NOVAS OLLOBOI

Hoxe, con tres días de adianto, celebramos no colexio o Día Das Letras Galegas, xa que mañá moi cedo, marcha a meirande parte do alumnado de 1º, 2º e 6º de Primaria coa excursión de final de curso.
Desfrutamos cunha mostra de libros da profe Ángeles asinados pola autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno Márquez.
Acto seguido, contounos algunhas anécdotas, posto que ela e a profe Carmen Castro, foron alumnas súas no instituto.
Para rematar, interpretamos a canción feita no cole e inspirada nos seus versos: "Xa non teño medo".
Acompañámola coa súa coreografía e fixemos o retrouso con lingua de signos.
Recordamos tamén os versos de Carlos Casares e Manuel María co "Casares-Tón" e "Galicia", feitos en anos anteriores.
O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural ben chulo para presidir o acto no que non podían faltar os cans que tanto amaba a autora.
Deixamos unha mostra en vídeo e... feliz "Día Das Letras Galegas 2018" rapazada!!!


Queremos dar mil parabéns a María Moldes que acadou un premio na categoría de 3º e 4º de Primaria por "O segredo das gafas", nos "XV Premios de Narración para Escolares do Concello de Marín".
Seguide escribindo e creando historias!!!
Aquí tedes toda a información nunha nota de prensa:


Para rematar, informarvos que non houbo sorte nos Premios Olloboi...
Tiñamos dous nominados finalistas nas Categorías Peque ("Fals'e traedor") e DJ ("Xa non teño medo").
Os premiados foron "Mareas vivas de Lourizán" e "Piñeiros no xardín" respectivamente.
Deixamos un pequeno vídeo no que aparece música en directo na gala de entrega de premios e unha foto dos profes que recolleron os diplomas co gran Miguel de Lira.

martes, 8 de mayo de 2018

POCAHONTAS E ANTÓN COMODÓN

Esta mañá, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, presenciou un musical no Teatro Principal de Pontevedra.
A obra representada foi todo un clásico: "Pocahontas".
Contaban cunha equilibrista especialista en cordas e aros pendurados e pasámolo realmente ben.
Aquí tedes un pequeno testemuño da función:


Así mesmo, o alumnado de Educación Infantil, desfrutou, tamén en Pontevedra, da obra de monicreques "Antón Comodón", un home afeito a que lle fagan todo na casa e ao que non lle queda máis remedio que aprender cando perde ao seu sirviente.
Foi moi divertida... 
Mirade un anaco que gravou o profe David:

domingo, 6 de mayo de 2018

FINALISTAS OLLOBOI 2018-INICIATIVA RENFE-ENCONTRO AGA-FERIA DE PROXECTOS PITEAS-COMPETICIÓN DE ROBOTS

Temos cinco novas que contarvos, tambeir@s:

1- O Festival Audiovisual Escolar Olloboi 2018 (fermosa iniciativa na que levamos catro anos participando) xa está aquí...

http://www.crtvg.es/informativos/conta-atras-para-olloboi-o-festival-audiovisual-da-rapazada-3753770

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/05/03/200-trabajos-optan-olloboi/0003_201805B3C10994.htm

http://www.crtvg.es/informativos/con-ana-moreiras-e-federico-perez-falamos-do-concurso-de-curtametraxes-escolares-olloboi-3738687



Como sabedes, é o que ten maior calado en Galicia e mostra as mellores pezas da canteira.
A gala de entrega de premios será en Boiro (Estaleiros Triñanes) o vindeiro venres, 11 de maio.
Estará presentada por Sabela Hermida e Fede Pérez e contará coa presencia de grandes profesionais como Miguel de Lira ou Andrés Goteira (13 galardóns nos Mestre Mateo por "Dhogs").
Credes que temos algunha peza seleccionada finalista? Mirade a ver...



Acudirán catro mestres representando ao colexio, xa que este ano, por falta de plazas, non poderemos participar con vós nas actividades que se desenrolarán ao longo dese día.
Aquí tedes toda a información, mil parabéns a tod@s e moita sorte!!!

https://www.olloboi.com/

Por se queredes visualizar todos os proxectos finalistas dende a web de Olloboi, aquí tedes os títulos agrupados por categoría:



E aquí un vídeo-resumo da experiencia do ano pasado no Olloboi:


2- Neste 2018, coma en anos anteriores, Renfe desenvolve unha iniciativa para dar proxección ao Día das Letras Galegas.
Acaban de comunicarnos que o noso traballo audiovisual "Xa non teño medo" proxectarase nos trens Coruña-Santiago-Vigo e Coruña-Santiago-Ourense. Estará tamén nos monitores de nove estacions de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/24486

Xa que é unha actividade común do cole... parabéns a tod@s!!!


3- O pasado venres 27 de abril, houbo un encontro na Coruña entre os membros da Academia Galega do Audiovisual e os docentes que imparten esta materia ou a empregan como ferramenta educativa.
O Carballal foi convocado pola proxección do noso proxecto audiovisual de centro:

https://www.youtube.com/channel/UCUuAbPwbwdqAojJetelJ4Tg


Acordáronse varias iniciativas que se irán desenvolvendo por grupos de traballo e que moi pronto coñeceredes. 
Igual para o ano que vén xa existe unha sección escolar nos Premios Mestre Mateo...
Aquí podedes ver toda a información e algunhas fotos:


4- O venres 4 de maio, celebrouse en Santiago a Feira de Proxectos Piteas, na que participou o noso centro, como integrante desta iniciativa da Fundación Barrié e a Consellería de Educación.
Deixamos unha instantánea do evento e dúas ligazóns, para que vexades a noticia na prensa:




5- Para rematar, comentar que ese mesmo día, o alumnado de 5º de Primaria acudiu con rapazada do IES Mestre Landín á Facultade de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo para participar nunha competición de robots.


Aquí podedes mirar unha nota de prensa con máis información:

miércoles, 2 de mayo de 2018

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, é o Día Internacional contra o acoso escolar ou bullying.
Podedes pasar polo recuncho de Tambo e buscar libros relacionados con esta temática.
Mentres non vos achegades, mirade esta curta realizada por exalumn@s na materia de Valores.

martes, 1 de mayo de 2018

MAIOS E EMBARCACIÓNS 2018

A pasada semana desfrutamos moito, no recuncho de Tambo, cunha charla didáctica impartida por Celso Méndez e Julio Santos (Ateneo Santa Cecilia) sobre os Maios e Embarcacións no Concello de Marín: construción, melodía, coplas, coroa, etc.
Propuxéronnos, ademais, un concurso de debuxo sobre esta temática.


Trouxeron moitas fotografías enmarcadas deste evento ao longo dos anos no noso concello.
Empregámolas para ateigar os corredores e aprender algo de cultura e tradición.


Moitos nen@s do cole animáronse a participar nesta festa ancestral cos Maios "San Xulián" e "Landeiras" e anotáronse ao concurso que o Ateneo celebra dende 1953 e que pretende potenciar coa axuda de tod@s.
Levaron moitos premios e merendaron rosca, chocolate e caramelos...
Escoitáronse coplas ben divertidas e incluso houbo un Maio de Rois.
Por certo, hoxe tamén tería cumprido 79 anos, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno.
Deixamos unha pequena mostra do que aconteceu durante o día en Marín.
Feliz Maio tambeir@s!!!



E para rematar, deixamos unha ligazón para escoitar a canción "O maio" (con letra de Curros Enríquez e música de Luis Emilio Batallán).
Cando remate podedes deixar prendido o reprodutor e desfrutar do disco máis vendido da historia en lingua galega.