viernes, 24 de septiembre de 2021

FINALISTAS NO OUFF ESCOLA E GALA FICBUEU

Veñen de comunicarnos dende Ourense que somos finalistas no Festival de Cine OUFF Escola co videoclip sobre Xela Arias Castaño que argallou o alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria durante o curso pasado.

Estaba baseado en dous dos seus libros ("Non te amola" e "Darío a diario") e contén unha pequena curtametraxe e un videoclip.

Lembrades o seu título?


A gala de entrega de premios, onde se desvelará o gañador, será o vindeiro luns 27 de setembro vía streaming ás 11 da mañá e conectaráse o alumnado implicado no traballo.

Moita sorte a todos e todas!


Por outra banda queremos informarvos que a gala final do FicBueu, celebrada o pasado domingo 19 de setembro, foi unha auténtica marabilla presentada por Bea Campos.


Proxectaron a nosa peza "Heroes enmascarados" e os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participamos nunha actividade de cine e música ben divertida da man de Caspervek.


Xogamos un pouco no tempo morto e cargamos a pila merendando algo.


Non fomos os gañadores pero recibimos un lote de libros, cortesía de Kalandraka Editora, para a nosa biblioteca escolar.



Queremos dar os nosos parabéns ao CEIPP A Pedra de Bueu que foi o premiado coa súa peza "Dona Landra no río revolto" así como a todos os participantes que ano a ano, manteñen un alto nivel do audiovisual nas aulas.

Se premedes na seguinte instantánea poderedes ver un vídeo-resumo da xornada:


E aquí tedes tres debuxos argallados pola rapazada que resumen tamén este fantástico día.


Graciñas tamén á organización do festival por dar visibilidade aos traballos.

jueves, 9 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, queremos darvos a todos e todas, unha agarimosa benvida a este novo curso que comeza e que promete ser mellor que o anterior, se somos responsables e cumprimos as normas que nos impuxo a pandemia.

Temos dúas novas que contarvos para comezar con bo pé:

1. O videoclip "Heroes enmascarados", resultou ser un dos tres finalistas da "Sección Escolas Galegas" do FicBueu 2021.


As outras dúas pezas podedes miralas tamén e facer o voso pronóstico!



A gala de entrega de premios, na que se coñecerá o fallo do xurado, será o vindeiro domingo, 19 de setembro, no Centro Social del Mar de Bueu ás 10:30 horas. A continuación, haberá unha actividade didáctica relacionada coa Música e o Cine por parte de Caspervek.

Debido ao protocolo COVID, somentes foron convidadas un máximo de 20 persoas implicadas nese videoclip polo que, informaremos directamente aos agraciados/as para que confirmen asistencia. No caso de que queiran acudir máis de 20... teremos que facer un sorteo.

Se queredes máis información, podedes premer na seguinte imaxe.


E aquí deixamos o cartaz de actividades do MiniFic para gozar en familia.



2. Por outra banda, informamos que o noso centro resultou ser un dos cinco Premios de Innovación en Dinamización Lingüística do curso pasado grazas ás actividades en galego dos PDI "Traballa cos teus soños" a "Heroes enmascarados".
Recibiremos unha dotación de 2000 euros para seguir traballando nesta liña.

E máis nada tambeiros/as... moito ánimo!!!