viernes, 8 de mayo de 2026

LECTURA E FAMILIAS - TEATRO NA BIBLIO - IRIS SOCIAL

Esta semana tivemos tres actividades no cole enmarcadas no programa "Lectura e Familias" desenvolvido polo recuncho de Tambo.

A primeira foi en 1º de Educación Primaria e nela preparamos pizza de atún co pai de Carlos na cociña.



A segunda estivo dirixida ao alumnado de 5º de Educación Infantil coa nai de Ainhoa que nos leu o conto "Antón Piñón" e deunos uns debuxos para colorear.



A terceira estivo dirixida ao mesmo alumnado e 3º de Primaria coa nai de Alexis e Adriel que nos leu un conto inventado relacionado co PDI no que os protagonistas eran os seus fillos.

Agasallounos coas imaxes do conto para levar para casa!!!




Por outra banda, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil interpretaron tamén na biblioteca, para o resto de alumnado cativo, a obra de teatro "A horta de Simón".



Tivo moitísimo éxito!!!




Para rematar, a rapazada de 5º de Educación Primaria, tivo unha charla con dúas persoas de "Iris Social".
Eran axentes de cambio que nos deron pequenos consellos para mudar o mundo e centráronse sobre todo na igualdade de xénero.
Déronnos uns fermosos agasallos e folletos.