martes, 30 de mayo de 2017

XI MERENDA INTERCULTURAL

Hoxe, 30/05/2017, celebramos no cole a tradicional "Merenda Intercultural" na que tamén participa O recuncho de Tambo.
Tivemos presentación de proxectos pola mañá para todas as familias e xa pola tarde desfrutamos da actuación dun mago, da oratoria da rapazada e dunha marabillosa merenda ateigada de sorrisos e moitos recordos...
Deixamos unhas fotiños, unha nota de prensa e... agardámosvos o ano que vén!!!




viernes, 26 de mayo de 2017

ENCONTRO OLLOBOI 2017: 9 DE XUÑO (BOIRO)

Aínda que non o pareza xa levamos tres anos sendo cómplices da "Rede Olloboi" que pretende dar recoñecemento e difusión ao audiovisual escolar galego.
Este ano preséntannos unha xornada de encontro de luxo que se celebrará o vindeiro venres 9 de xuño en Boiro co seguinte cartel de actividades:


A gala de entrega de premios será ese mesmo día.
Como sabedes, este ano enviamos sete traballos ao concurso e estamos nominados con "O cole que queremos", realizado polo alumnado de 4º de Primaria no Laboratorio de Audiovisuais.



Na presente edición, a xornada de encontro estará vinculada á formación audiovisual do alumnado con profesionais galegos e ao intercambio de experiencias entre docentes que desenrolan un proxecto audiovisual nun centro educativo. 


Acudiremos co alumnado de 4º de Primaria e seguro que o pasamos xenial!!!
Elaboraremos unha pequena curta ao longo da mañá e teremos moita diversión pola tardiña.
Dende logo, é como para non perderse esta oportunidade:


Se queredes mirar os vídeos presentados nesta edición, descubrir o novo material "Aprende con Olloboi", mergullarte nos vídeos de edicións anteriores e moito máis, clicade na seguinte ligazón: http://olloboi.com/

miércoles, 24 de mayo de 2017

TRABALLO SOBRE MARUXA MALLO

Hoxe recibimos no recuncho de Tambo un marabilloso traballo de investigación e oratoria sobre Maruxa Mallo realizado polo alumnado de 2º de Primaria.
Parabéns rapazada!!!

martes, 23 de mayo de 2017

PREMIOS VIDEOGHIT 2017

Chéganos unha boa nova dende Silleda...
Algúns dos traballos audiovisuais producidos no colexio que foron enviados a este concurso de videoclips escolares, foron seleccionados finalistas.
Como sabedes, esta fermosa iniciativa, organizada polo I.E.S. Pintor Colmeiro de Silleda, pretende dar recoñecemento á rapazada que traballa con música e vídeo no ámbito escolar.
Das seis categorías ás que optabades... sodes finalistas en cinco... e con varios vídeos diferentes!!! 
Parabéns a todos/as e moita sorte!!!
A gala de entrega de premios será este venres día 26 de maio ás 20:30 no Auditorio da Semana Verde de Silleda e irán algúns representantes do colexio.
Deixamos o listado de nominados:


Se queredes ver todos os traballos presentados e toda a información adicional, podedes facelo premendo na seguinte ligazón: https://sites.google.com/site/eticolmeiro/

Despois dunha fermosa gala en Silleda, dende o recuncho de Tambo, queremos dar moitísimos parabéns aos nenos/as de 4º de Primaria que recibiron o Videoghit ao mellor vestiario e maquillaxe por: "O monstro de cores".



E para o resto do alumnado tamén enviamos felicitacións por ter sido finalistas... 
Grazas polo recoñecemento I.E.S. Pintor Colmeiro!!!


Aquí tedes algunhas notas de prensa: 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/silleda/2017/05/27/ies-pintor-colmeiro-otorgo-premios-videoghit-2017/0003_201705D27C9991.htm

http://pontevedraviva.com/xeral/37053/premio-para-monstro-de-cores-colexio-carballal/

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/05/30/ceip-carballal-galardonado-edicion-premios/1688874.html

lunes, 22 de mayo de 2017

ACTIVIDADES SEM PARA "O COLE QUE QUEREMOS"

Como sabedes, este curso argallamos multitude de actividades destinadas ao PDI que a biblioteca propuxo: videoclips, curtas, Entroido, maqueta para o Salón do Libro, etc.
Deixamos nestes vídeos algunhas delas que seguen a metodoloxía SEM que estamos a traballar no Programa Piteas da Fundación Barrié.
Agardamos que vos gusten!





Aquí temos a Rubén, de 2º de Primaria, explicándonos todo o que é preciso saber dun telégrafo e máis dunha lámpada.
O que mirades fíxoo co seu avó, mariñeiro xubilado.
Mil parabéns Rubén!!!



E Fadwa demóstranos unha vez máis que vai ser unha boa cantante... xa é!!!
Seguimos a detectar novos talentos musicais entre o alumnado do Carballal... como Pedro, Juan, Antía e Roque.
Animádevos e vide gravar!!!






Deixamos neste vídeo unha actividade tipo 1 de motivación co alumnado de Educación Infantil.




O alumnado de 4ºB de Primaria enviou estas mensaxes ao seu compañeiro Álvaro, recentemente operado do corazón.
Unha fermosa actividade de comunicación audiovisual e oratoria!








Despois de traballar na aula os grandes grupos de música en 6º de Primaria, Iago sorprendeunos con esta prenda na súa indumentaria.

jueves, 18 de mayo de 2017

"CHEA DE VIDA"

Mirade que fermosa iniciativa realizada dentro dun programa de formación do profesorado sobre coro escolar.
Mil nenos e nenas cantan a unísono, seguindo a guitarra de Guille Fernández, o tema de Guadi Galego: "Chea de Vida".
Mil parabéns a todos os implicados!!!

"CAMIÑANDO AO COLE SEGURIÑO"

Hoxe desenrolamos unha actividade SEM tipo 3 para o noso PDI: "O cole que queremos".
Como sabedes, este tipo de tarefas que estamos a aprender os mestres/as do cole dentro do Programa Piteas da Fundación Barrié , son produtos obtidos a partires dun proceso.




Trátase dun rap con letra reivindicativa e coreografía coa que hoxe, en directo, solicitamos á Sra. Alcaldesa, melloras viais para o cole.
Explicámoslle todo a través dunha maqueta a escala que elaboramos, do colexio e da súa contorna.
Fixemos tamén un discurso persuasivo e un turno de preguntas e respostas que rematou cun making-off de todo o proceso.
Para acudir ao Concello fixemos unha marcha camiñando e en bicicleta.





Aquí tedes un ensaio previo de "Camiñando ao cole seguriño"...






miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Hoxe celebramos no cole o Día Das Letras Galegas 2017 homenaxeando a Carlos Casares.
Fixemos unha actividade común no patio na que aprendemos cousas da súa biografía, recitamos un poema, cantamos e bailamos o noso "Casares-Tón" co que levamos a traballar, xunto con outras actividades, dende xa hai uns mesiños...
Deixamos un vídeo para que vexades que ben o fixestes todos/as!
Feliz día da nosa lingua rapazada!!!


E se queredes aprender algo máis sobre a vida de Carlos Casares a ritmo de rap, mirade este vídeo tan chulo que fixo o alumnado do C.P.I. De Mosteiro (Meis).

sábado, 13 de mayo de 2017

LOITANDO POLO PROXECTO "ESCORNABOTS"

Unha vez máis, o noso cole, non foi seleccionado para ser centro piloto do proxecto "Escornabots".
Como sabedes, este plan dota aos colexios dos materiais e formación necesarios para desenvolver un programa educativo cuxa ferramenta é o robot.
No Carballal estase a traballar nesta liña en Educación Infantil por parte do mestre David Rodríguez Vila (5 anos) que desenvolve, co seu robot persoal, traballos co alumnado tan impresionantes como estes dous que amosamos nos vídeos.
Agardamos que a administración o teña en conta e poidamos entrar nun futuro próximo neste fermoso proxecto adaptado aos tempos que corren.
Mil parabéns a ese mestre e eses nen@as!




jueves, 11 de mayo de 2017

A ÚLTIMA MOEDA

Da man da nosa madriña, Fina Casalderrey, chéganos esta marabilla audiovisual de 20 minutos que non deixará de sorprendervos.
En breve proxectarémola para todo o alumnado do colexio e faremos un pequeno debate.
Mil parabéns para todo o persoal que colaborou no proxecto!
Premendo na seguinte ligazón podedes ollala na súa versión sd que é de balde. Nós, no centro, mirarémola na versión hd para colaborar coa continuidade creativa da produtora.

http://piruletavermella.com/

martes, 9 de mayo de 2017

XOGO DE NEN@S

Continuamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas 2017.
Nesta ocasión presentamos un vídeo argallado de forma común polos Equipos de Dinamización Lingüística do noso centro, do I.E.S. Mestre Landín e do C.E.P. Sequelo coa colaboración do recuncho de Tambo.
Trátase dun pequeno xogo no que debes escoitar ben as pescudas e tentar adiviñar o título dunha obra de Carlos Casares, o homenaxeado na edición deste ano.
Son dez diferentes pero... andade con tino porque dúas repítense...
Cada acerto será un punto e podedes facer competicións.
Moita sorte a todos/as!!!