martes, 30 de marzo de 2021

QUE ACONTECE NO CARBALLAL?

Bo día tambeiros/as!

Agardamos que estedes pasando unhas boas vacacións de Semana Santa.

Só queriamos informarvos, dende o recuncho de Tambo, que algo acontece no cole durante estes días pois... chegaron estas fotos... 







Sabedes de que espazo do centro se trata? Podedes facer as vosas pescudas antes de voltar, pero cremos que Tambo, anda a argallar algo grande!

Por outra banda, queremos recomendar unha lectura ideal para estes días.
Trátase dun libro infantil en galego de Xela Arias, publicado pola Editorial Galaxia.
Premede na imaxe e no vídeo para máis información.
Unha apertaza para todos e todas!


martes, 23 de marzo de 2021

A MÚSICA DAS BALEAS

Hoxe queremos partillar con todos vós, unha lista de reprodución que contén sete videoclips, argallados no CEIP de Caión.

Aí van:

1. "Bo día" (para comezar o día con bo pé).


2. "O amigo do embigo" (sobre a amizade).


3. "Imos recoller" (non vos esquezades de recoller todo logo de xogar).


4. "O brócoli non" (hai algunha comida que non vos gusta?).


5. "Burbullas" (xa sabedes que o aseo é ben importante).



6. "Navegando nos teus soños" (sabiades que cando pechamos os ollos pola noite comeza unha nova aventura?).


7. "A peor xogada" (fermosa canción sobre o bullying).


jueves, 18 de marzo de 2021

ÉNCHEME DE VERSOS E FLORES

O vindeiro domingo, 21 de marzo, é o Día Internacional da Poesía.

Celebrarémolo no Carballal na semana do 22 ao 26 de marzo.


Dende o Equipo da Biblioteca propoñemos unha actividade ben divertida coa que pretendemos encher de versos os corredores do colexio...





Tedes tamén unha selección de libros de poemas no recuncho de Tambo que poderedes empregar como empréstito para as titorías.



Para rematar, deixamos ao novo membro da nosa comunidade educativa... que elixiu o mellor recuncho para vivir... o de Tambo!


viernes, 12 de marzo de 2021

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

O pasado venres, 12 de marzo, procedemos a efectuar un simulacro sorpresa de evacuación no Carballal para estar ben entrenados no caso de que haxa unha emerxencia: incendio, terremoto, etc.

Conseguimos desaloxar o centro en menos tempo do estipulado e cumprimos o protocolo case sen erros que pouco a pouco solventaremos.

Estade atentos que calquera día... temos outro.

Aquí tedes unha mostra do que aconteceu tambeiros/as!!!

domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares argallou este marabilloso traballo interactivo para festexar o Día Internacional da Muller.

Se premedes na imaxe de Tambo, poderedes aprender datos biográficos dalgunhas mulleres destacadas que iremos actualizando pouco a pouco.

Outra forma ben moderna que nos permite desfrutar deste proxecto, consiste en apuntar, cun dispositivo electrónico, aos diferentes códigos qr que atoparedes no cartaz que se atopa nun andar do colexio, tal e como se mostra na instantánea.

Todos os vídeos foron elaborados polo alumnado nas titorías.




Nos corredores do cole fixemos un "paseo da fama" con instantáneas de mulleres ás que admiramos (nais, avoas, madriñas, amigas, etc) e no que colaborou todo o alumnado do cole.


Por outra banda, o Concello de Marín agasallounos co gallo desta festividade, cun banco personalizado cun lema que alaboramos no cole.


Agardamos que vos guste tambeiros/as!!!

viernes, 5 de marzo de 2021

XOGOS POPULARES I: A CRUCETA, MARIOLA OU AVIÓN

O alumnado de 1º de Educación Primaria, por medio do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quere ofrecervos un abano de posibilidades de xogo para os recreos, nestes tempos de pandemia.

A primeira proposta é a cruceta, mariola ou avión.

Agardamos que vos guste!

O ZOO DE 2º

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria queren convidar a todo o alumnado e profesorado do Carballal a visitar a exposición de animais de plastilina que conforma o seu proxecto SEM deste curso.

Atoparedes unha serie de actividades adaptadas á vosa idade coas que aprenderedes moitas cousas.

Poderedes acudir a partir da semana do 8 ao 12 de marzo á antiga aula de informática.

Agardamos que sexa do voso agrado tambeiros/as!!!


Ademais disto... teñen unha sorpresa metida nunha caixa... a ver se sabedes que é... porque vanna partillar con toda a rapazada do cole moi pronto!!!


Deixamos unha instantánea do grupo de 1ºB facendo a visita.


Para rematar, deixamos pendurada a imaxe con código QR que nos enlaza co blog "O recuncho de Tambo".