miércoles, 31 de enero de 2018

ENTREVISTA PARA O "ZIG ZAG" DA TVG

Esta mañá, o cámara e o reporteiro do programa cultural da TVG "Zig Zag", estiveron no recuncho de Tambo facendo unha entrevista ao alumnado de 5º de Primaria por acadar o 1º Premio no Certame VindeVídeos coa curta "Fals'e traedor".
O profe Víctor fixo un pequeno resumo do proceso de creación e a rapazada contou a súa experiencia.
Premendo na seguinte ligazón poderedes mirar esa parte do programa "zig Zag".

http://www.crtvg.es/informativos/o-colexio-publico-o-carballal-de-marin-e-o-instituto-francisco-asorey-de-cambados-premios-vindevideos-3661409


Aproveitamos a ocasión para desenrolar unha actividade relacionada co PDI que este ano propuxo a biblioteca: "A maxia de comunicar".
Aprendemos moitas cousas a nivel técnico que nos servirán para o noso primeiro programa de televisión no Canal Tambo.
Deixamos un vídeo no que aparece a entrevista mutua que xurdiu.

martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Hoxe celebramos no colexio o Día Internacional da Paz.
Interpretamos en directo (con solistas, coro e acompañamento de guitarra acústica) a fermosa canción de Guadi Galego: "Quixera".
Escollemos algunhas das palabras que se atopaban mergulladas na letra e fixemos uns carteis ben chulos.
Tivemos incluso guías visuais que nos axudaron a seguir a estrutura da peza musical.
Foi todo un reto e un pracer, cantar ao unísono, todos os membros do colexio... que somos máis de 300 persoas.
Aínda que a gravación non saiu demasiado ben, deixámosvos unha pequena mostra... xa sabedes, cousas do directo!!!


E o alumnado de 1º e 2º de Primaria argallou un fermoso vídeo para a ocasión coas súas titoras que nos deixou a todos/as coa boca aberta.
Flipade con: "O gran arco da vella".
Parabéns a toda a rapazada do Carballal!!!

lunes, 29 de enero de 2018

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Hoxe tivemos unha visita, no recuncho de Tambo, das que hai que quitar o pucho.
O célebre escritor, Antonio García Teijeiro, engaiolou ao alumnado de Educación Infantil coas peripecias de: Honorato, o rato namorado.


Como sabedes, este poeta é Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e a súa obra está traducida a moitos idiomas.
Outra das súas facetas é a de ser un excelente animador cultural coa animación á lectura.


Agasallámolo recitando un dos seus poemas e cun fermoso caderno de debuxos sobre o mar co que quedou abraiado.
Agardamos que pronto volvas ao Carballal!!!

lunes, 22 de enero de 2018

GAÑAMOS O CERTAME AUDIOVISUAL "VINDEVÍDEOS"

Esta mañá recibimos unha chamada telefónica no colexio por parte do Secretario Xeral de Política Lingüística e Cultura para informarnos que o alumnado de 5º de Primaria gañou o certame audiovisual "VindeVídeos", que pretende potenciar a lírica medieval galaicoportuguesa dende un punto de vista actual, co gaio da estancia do Pergamiño Vindel en Vigo.
Como sabedes, o traballo presentado foi: "Fals'e traedor".


Podedes ver máis información na seguinte ligazón, onde nuns días, estarán pendurados os vídeos gañadores:

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X27614/ies-francisco-asorey-ceip-carballal-fanse-cos-primeiros-premios-certame-vindevideos

O premio consiste nunha cámara de vídeo, un facsímile do Pergamiño, un diploma, unha visita para visualizar o Vindel e unha excursión á illa de San Simón.
A entrega de premios será no mes de febreiro  nun acto oficial que se celebrará no Museo do Mar de Galicia (Vigo).

Mandamos dende o recuncho de Tambo, mil parabéns a todo o Carballal e en especial, ao alumnado de 5º de Primaria.
Deixamos unhas fermosas imaxes do marco no que se gravou esta curta, realizadas polo profe Yeray, a través do seu dron.

miércoles, 17 de enero de 2018

BIBLIOTECA AZUL

Compartimos con todos vós un fermoso videoclip con aire optimista realizado pola Asociación Familias Azuis que pretende eliminar falsos mitos e facer máis visible o autismo, os seus distintos espectros e en xeral, a diversidade.
Xa sabedes que o recuncho de Tambo é un espazo AZUL...
Agardamos que vos guste: "Nun mar azul".

jueves, 11 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA

O venres 12 de xaneiro, entre as 12:00 e as 12:50 horas, no recuncho de Tambo, comezou a súa andaina o Club de Lectura formado polos axudant@s de biblioteca de 6º de Primaria.



Os encontros faranse os primeiros venres de cada mes.
O libro sobre o que comezamos a traballar é: "La lección de August" (R.J. Palacio_Ed. Nube de Tinta).
Animádevos a participar en vindeiras edicións!!!


A nai dun rapaz desta vila que padece a enfermidade do protagonista de "La lección de August" estivo hoxe, 2 de febreiro, nunha sesión ben interesante que súponos a pouco.

Deixamos as conclusións ás que chegamos nesta primeira xuntanza:

QUIXERA

Pasastes unhas boas festas de Nadal?
Pois agora arrincamos con outra etapa do curso...
O vindeiro martes 30 de xaneiro celebraremos no colexio o Día da Paz.
Como todos os anos temos unha chea de actividades programadas e unha delas, consistirá na interpretación en directo dunha fermosa canción: "Quixera" (Guadi Galego e Guillermo Fernández).
Haberá seccións solistas, seccións a coro e acompañamento de guitarra acústica.
Deixamos a ligazón para que poidades ir practicando a melodía e unha foto coa letra: