lunes, 14 de agosto de 2017

FIC BUEU: SOMOS FINALISTAS!!!

Acaban de comunicarnos dende o FIC Bueu (Festival Internacional de Curtas de Bueu) que o noso centro é finalista co videoclip "O cole que queremos" na Sección Escolas.
O traballo será proxectado co resto de finalistas o vindeiro domingo 10 de setembro ás 11:00 horas no Centro Social do Mar de Bueu e acto seguido a organización desvelará cal é o gañador.
A rapazada implicada (4º de Primaria do curso 2016-2017) pode asistir coas súas familias a este acto pero debe facer unha reserva con anterioridade chamando ao teléfono do colexio a partir do día 1 de setembro xa que hai un aforo limitado.
Ao longo do día haberá unha serie de actividades culturais para os máis pequechos: O Mago Paco co espectáculo "O Cinematómago", proxección dunha selección de curtas da Sección Familiar e "Contos de película" con Olalla González.
Podedes ver máis información premendo na seguinte ligazón: 

https://www.ficbueu.com/es/escolas/

Moitos parabéns e sorte!!!