viernes, 28 de abril de 2017

"CASARES-TÓN" (Videoclip)

Continuamos coa andaina comezada o curso pasado consistente en instrumentar un poema do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Este ano correspóndelle a Carlos Casares e argallamos un videoclip que pretende mesturar a súa literatura con valores, movemento, música e moita diversión.
Traballamos arreo durante dous meses e participamos todos os membros do colexio.
Recibimos os parabéns da nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey... e sentímonos moi agradecidos.
Dous mestres do cole foron explicar o proceso de creación ás Xornadas na honra a Carlos Casares de Ourense convocadas pola Consellería de Educación.



Incluso a prensa estivo no cole para facernos unha entrevista: 
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2017/05/05/span-langglpoesia-ritmo-spanspan-langglcasares-tonspan/0003_201705P5C6991.htm


E saímos na radio: 


A actividade podedes atopala pendurada en varios lugares:

-No Portal da Lingua: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

-Na páxina da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/

-Na páxina da R.A.G. "Primavera das Letras": http://primaveradasletras.gal/

- No concurso Videoghit: https://sites.google.com/site/eticolmeiro/

-No facebook dos Premios Olloboi 2017.

Aquí tedes o resultado: "Casares-Tón".
Agardamos que vos guste e deixamos tamén pendurado o videoclip do pasado curso!!!


         

miércoles, 26 de abril de 2017

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O pasado domingo, 23 de abril, celebrouse o Día do Libro.
Na semana do 17 ao 21 de abril realizamos unha serie de actividades no colexio que conmemoraron esta importante data no seo das bibliotecas escolares.
Adicámola por completo a un libro moi importante: "O Quixote".
Traballamos con fichas sobre o autor, debuxamos algunha escea, visualizamos libros electrónicos coa súa adaptación infantil, fixemos fotografías ambientadas na época e o profesorado fíxonos unha interpretación maxistral cos personaxes.
Tivemos tamén a visita dun mago marabilloso que nos fixo rir a escachar.
Aproveitamos para dar unha nova: estreamos xa o invernadoiro e o alumnado do Primeiro Ciclo comezou a traballar nel.
O equipo de axudantes da biblioteca recibiu tamén un agasallo polo gran labor que están a desenvolver.


martes, 4 de abril de 2017

VISITA DE MIGUEL SUÁREZ (PROBANDO RADIOCARBALLAL)

Hoxe visitounos Miguel Suárez, mestre xubilado que fundou unha radio escolar no C.E.I.P. Torre Illa, da illa de Arousa.
Esa emisora escolar, "Radio Carcamán", segue funcionando tras case 20 anos de actividade.
Podemos dicir que Miguel é un experto e un amante da radio así como un mestre dos pés á cabeza.
Dounos moitos consellos para iniciar a nosa andaina polas ondas e aproveitamos para facer unha proba da que será para o vindeiro curso "RadioCarballal".
Aquí tedes a nosa primeira emisión reducida!!!