sábado, 31 de octubre de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe, 31 de outubro, por mor da pandemia mundial, celébrase o Día das Letras Galegas, adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Queremos celebralo dende o Carballal lembrando cinco pezas audiovisuais producidas por nós co gallo desta data tan significativa.

Antes, queremos felicitar á nosa alumna de 6º de Primaria, María Moldes Entenza, que logrou un accesit co traballo que presentou ao Concurso  de Relato Curto "Marín conta", organizado polo Ateneo Santa Cecilia.

Pois imos alá...

-Ano 2016: Manuel María ("Galicia").


-Ano 2017: Carlos Casares ("Casares-Tón").


-Ano 2018: María Victoria Moreno ("Xa non teño medo").


-Ano 2019: Antón Fraguas ("Por amor á nosa terra").


-Ano 2020: Ricardo Carvalho Calero ("Carvalheando").


Deixamos tamén dous vídeos ilustrativos producidos en centros escolares que nos axudarán a coñecer máis a vida do autor homenaxeado este ano.

1. Telexornal Carvalho Calero (CPI Dos Dices).


2. Preguntoiro musical (CEIP Frei Luis de Granada).

E para rematar, deixamos a ligazón a un bingo moi entretido das Letras Galegas pendurado no Portal da Lingua que é ben divertido.


Boa ponte Tambeir@s!!!

viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

Hoxe festexamos o Samaín no colexio respectando o protocolo Covid-19.

Tivemos: disfraces, ambientación das aulas e da ANPA "Viñas Blancas", contos de medo na biblio, merendas diabólicas e a exposición de cabazas ("Cabazas enmascaradas").

Os premiados e premiadas cun vale de 20 euros nos comercios da vila, cortesía da nosa marabillosa ANPA, foron os seguintes:

-3 anos: Brais Souto.

-4 anos: Xaime Piñeiro.

-5 anos: César Ferradás.

-1º de Primaria: Carmen Rodríguez.

-2º de Primaria: Álex Parada.

-3º de Primaria: Clara Pintos.

-4º de Primaria: Félix Durán.

-5º de Primaria: Teo Rivas.

-6º de Primaria: Leire Pérez.

Os agasallos entregaranse a semana que vén... parabéns a todos e todas as agraciadas!!!


Aquí tedes o vídeo-resumo... agardamos que sexa do voso agrado:


Queredes mirar o videoclip da versión musical de "With or without you" (U2) que aparece no vídeo?
Pois aquí a tedes:


Deixamos tamén o túnel do terror doutros anos (este curso foi imposible facelo por protocolo sanitario).

Poñede a versión web para poder visualizalos.





E para despedirnos partillamos este videoclip de Brais das Hortas, recomendación de Xiana e Martina.


Agardámosvos nunha nova aventura do PDI 2020/2021: "Heroes enmascarados"...

lunes, 26 de octubre de 2020

CABAZAS ENMASCARADAS

O vindeiro venres, 30 de outubro, celebraremos o Samaín no Carballal, aínda que supoñemos que xa vos destes de conta pola ambientación que hai espallada polo interior e exterior do colexio.

Por mor da pandemia, teremos que facelo dunha forma adaptada, aínda que podedes vir disfrazados procurando non traer ningún accesorio a maiores (variñas, bastóns, etc)... sen dúbida botaremos de menos o túnel do terror... pero o máis importante é a vida e a saúde!!!

O concurso de cabazas terá a súa exposición nun patio exterior no que non haberá aglomeracións.

Debedes facer as vosas cabazas enmascaradas e traelas e levalas ese mesmo día.

A ANPA "Viñas Blancas" ten reservado un agasallo para a mellor de cada nivel (publicaremos as premiadas neste blog).

Agardamos que participedes e moita sorte!!!


Se queredes ideas dalgunhas heroínas, buscade información das seguintes mulleres (saen no poema que instrumentamos de Ricardo Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas):

1. Mariana de Pineda y Muñoz.


2. Juana de Arco (Jeanne d'Arc).


3. María Antonieta de Austria (Antoinette).


4. Inés de Castro.


5. Mary Jo Kopechne.

sábado, 24 de octubre de 2020

CARVALHEANDO E DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como sabedes, o Día das Letras Galegas 2020, foi adiado para o vindeiro sábado 31 de outubro por mor da pandemia que estamos a sufrir a nivel mundial.

Este ano realizamos un traballo conxunto co CEP Plurilingüe "Riomaior" de Vilaboa, instrumentando un fermoso poema do homenaxeado: Ricardo Carvalho Calero.

Non vos asustedes... non está mal escrito... está en Galego Reintegracionista (corrente que liderou o autor, moi semellante ao portugués).


A partir da canción, elaboramos este videoclip a base de debuxos inspirados por cada un dos versos e que agardamos sexa do voso agrado.

Debido ao protocolo sanitario, as voces tiveron que ser gravadas polos mestres.

En breve, aprenderemos tamén a coreografía. 

Empregarémola o Día da Non Violencia de Xénero (25 de novembro), xa que este poema está moi ligado a esa temática.

Invitámosvos a investigar sobre as mulleres que aparecen nel, auténticas heroínas (PDI: "Heroes enmascarados"):




Podedes escoitar outras versións musicadas deste poema por parte de grupos ou solistas profesionais nas seguintes ligazóns:





E hoxe, sábado 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas Escolares.
O recuncho de Tambo permanece pechado por mor das obras que temos no colexio e mais polo protocolo Covid-19.
Agardamos que sigades lendo tanto coma antes e que desfrutedes dese marcapáxinas tan fermoso co que vos agasallamos onte.
Unha apertaza tambeiros/as!!!

Añadir título

miércoles, 21 de octubre de 2020

CONCURSO DE CONTOS: "HEROES ENMASCARADOS"

Como vén sendo habitual xa no Carballal, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o concurso de contos relacionados co PDI deste curso: "Heroes enmascarados".

En breve, o Equipo de Biblioteca, publicará un vídeo explicativo no que deixará totalmente clara a temática deste proxecto didáctico integrado.

Como sabedes, o conto premiado transformaráse nun videoclip durante o 2º e 3º trimestre por parte do alumnado de 4º de Primaria no Obradoiro de Audiovisuais.

Deixamos pendurado o cartaz que contén as bases.


E aquí tedes os videoclips doutros cursos e algúns contos musicados no colexio que podedes atopar no recuncho de Tambo.

Clicade na versión web para poder visualizalos.








Agardamos as vosas historias... animádevos a participar!!!