miércoles, 27 de septiembre de 2017

TAMBONOTICIAS DE BENVIDA

Benvidos ao curso 2017-2018 dende o recuncho de Tambo!!!
Temos un feixe de noticias que contarvos, así que lede con atención:

Este ano imos desenrolar o PDI "A maxia de comunicar", relacionado cos medios de comunicación.
Crearemos unha Radio-Televisión no cole cun magazine audiovisual con: noticias, música, entrevistas, publicidade, etc.
O nome será "Ruxerruxe nas ondas" e xa estamos a traballar no seu himno e creando o seu plató de gravación.
Tentaremos facer un episodio trimestral se todo vai ben.
Nestes momentos estamos seleccionando entre o alumnado o logo e o nome que levará esta canle de tv escolar.
Moi pronto saberemos cal será...


Unha das actividades relacionadas con este proxecto será o vindeiro venres 6 de outubro xa que recibimos unha boa nova: o Festival de Cine de Santiago de Compostela (CurtoCircuíto) vai empregar a Olloboi como referente da súa Sección Canteiras e invítanos, por ser un dos gañadores da edición pasada, a un programa de radio.
A rapazada que elaborou o videoclip "O cole que queremos" cantará en directo e será entrevistada no programa "El séptimo vicio" de Radio3 presentado por Javier Tolentino. 
Xa informaremos sobre o día de emisión...



Recibimos xa as invitacións para asistir á gala de entrega de premios do Emove Festival para recoller os dous galardóns que acadamos con "Casares-Tón" e "O cole que queremos" na sección videoclips, que será este sábado en Madrid.
Deixamos unha ligazón onde podedes ver a presentación en TVE da Directora do Festival dentro do programa "La aventura del saber"(no minuto 6:10):



E por último recordade este consello de Tambo:

miércoles, 13 de septiembre de 2017

ACTIVIDADES DE CINE NO FICBUEU

O alumnado de 4º de Primaria que este curso comeza coa materia de Audiovisuais, fixo hoxe unha saída ao FicBueu (Festival Internacional de Curtas de Bueu) para motivarse coa nova andaina.
Desfrutaron da proxección de 8 curtas de diversos países como Francia, Italia ou Rusia.



As curtas foron seleccionadas pola organización e pertencen ás Seccións Infantil e Xuvenil.
A que máis nos gustou foi: "A nosa marabillosa natureza: o camaleón común".



Ao rematar fixéronnos unhas fotos de grupo e merendamos nun parque moi chulo preto do mar que conta cunha fonte na que xogamos moito.




Deica o ano que vén FicBueu!!!

Podedes seguir o festival polas redes sociais premendo na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/fic.bueu/

domingo, 10 de septiembre de 2017

GALA FICBUEU 2017 E MERCADILLO EMOVE

Esta mañá asistimos á Gala de Premios da Sección Escolas do FicBueu 2017 onde recollemos o noso recoñecemento como finalistas polo videoclip "O cole que queremos".
Mil parabéns a todos os gañadores e á organización do festival por un cartel de actividades realmente brillante...
Máis información na ligazón do Facebook do FicBueu: 

https://www.facebook.com/fic.bueu/

http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-612357-astral-cousas-vellos-a-chave-6000-presos-premios-centros-educativos.html



E durante todo o día de hoxe temos un stand no Mercadillo de Marín onde se están a vender obxectos novos e de segunda man para recaudar fondos para a viaxe a Madrid na que recolleremos os dous premios que obtemos no Emove Festival de caracter estatal polos videoclips "O cole que queremos" e "Casares-Tón".
Animádevos que aínda quedan cousas!!!