martes, 30 de abril de 2019

ENSALADA DE ACTIVIDADES

O alumnado de 2º de primaria desfrutou dunha marabillosa sesión de animación á lectura, o pasado 29 de marzo, da man da Editorial SM, coa asturiana Olga Cuervo.


Faloulles da súa infancia e de como coñeceu a Mamagallo... que lle ensinou a contar contos.
Aínda que lles mandou buscala polo cole, non foron quen de atopala... pasáronno xenial!!!


Os nenos de Educación Infantil tamén tiveron unha sesión impartida pola Asociación DownGalicia, na que escoitaron un fermoso conto por parte dunha persoa con ese síndrome.


Tamén visualizaron un fermoso vídeo que podedes atopar na web: 


Por outra banda, os nenos e nenas de 1º de primaria, continuaron aprendendo cousiñas sobre o mar, en concreto, sobre a contaminación.


A sesión foi impartida por Benito Calviño Campelo (irmá da profe Pili) e trouxo numerosos utensilios empregados nas tarefas do mar e algúns residuos.


Tamén visitamos, todos os alumnos e alumnas do Carballal, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, por quendas, durante dúas semanas.


Tiñan un montón de actividades de contaconcontos, animación á lectura, manualidades, etc...argalladas para nós coas que gozamos moito.
Deica o ano que vén, Órbil!!!


Xa para rematar fixemos unha serie de saídas á Piscina Municipal para habituarnos ás actividades de natación e salvamento acuático que recibiremos en 6º de primaria, na materia de libre configuración que oferta o noso centro.


A verdade é que desexamos ser xa os maiores do colexio!!!

OLLOBOI, VIDEOGHIT E FICBUEU 2019

O Festival Audiovisual Escolar "Olloboi", celebra o seu día grande o vindeiro venres 10 de maio en Cabo de Cruz.
Como en anos anteriores, acudiremos cos nenos e nenas de 4º de primaria, que cursan a materia de "Audiovisuais", e que son finalistas na Categoría Arte e Música co videoclip: "Regueifando en Marín".



Agardamos que teñades moita sorte!!!
Se queredes visualizar todos os vídeos presentados, os finalistas por categorías e as actividades das que gozaremos todo o día, premede nesta ligazón:


Outro dos festivais nos que vimos colaborando dende hai anos é o Videoghit de Silleda.
A gala de entrega de premios será o vindeiro 16 de maio ás 20:00 horas.
Enviamos catro videoclips elaborados durante este curso escolar: "Regueifando en Marín", "Imaxinar", "O soño" e "Entroido 2019".
Os nominados finalistas son os seguintes:


Moita sorte aos implicados/as!!!

Máis información:


Por outra banda, o FicBueu xa publicou as bases do certame deste ano, ao que enviaremos algúns dos nosos traballos.
Aquí tedes o cartaz:


Deixamos pendurados tres vídeos correspondentes ao Olloboi, Videoghit e FicBueu doutros anos, por se queredes lembrar un pouco...



lunes, 29 de abril de 2019

VISITA DE MARK WIERSMA E TEATRO CULINARIO

O autor, xunto con Miguel Mosquera, de "Sira e o robot", estivo no cole facendo unha divertida sesión de animación á lectura da man do Consorcio Editorial para a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.


Presentou a segunda entrega dese famoso libro, que esta vez, vén en formato libro-disco.
O título é: "Crazy times on Planet Earth".
Trátase dunha ópera pop futurista, en galego e inglés, que combina narracións, cancións e debuxos.
Como non, interpretaron algunha das pezas musicais ao vivo...
Por certo, témolo no recuncho de Tambo por se queredes levalo para casa!!!


Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, tamén acudiron ao teatro (Pontevedra) para desfrutar dunha actividade de Caixanova.
A obra foi moi divertida e xirou en torno á elaboración, por parte de dous actores e unha actriz, dun menú completo con: entrantes, primeiro prato, segundo prato e postre.


Para rematar esta entrada, queremos mostrar un debuxo ben fermoso que nos enviou o exalumno Samuel Iglesias, dende o IES Mestre Landín, con moito agarimo para o recuncho de Tambo.
Mirade que chulada!!!

SEMANA DO LIBRO 2019

O pasado martes, 23 de abril, foi o Día do Libro.
Como en cursos pasados, o recuncho de Tambo deseñou unha serie de actividades para toda a semana.
O martes fixemos "Hoxe no patio libro", que tivo que desenvolverse no ximnasio, por causas meteorolóxicas.
Alí gozamos dos libros, rodeando a unha recreación da nosa vila, coa maqueta da farola da Praza de España...








O mércores tocou a actividade creativa "Expres-Arte".




O xoves, a Biblioteca Escolar quixo agasallar a todos os nenos e nenas do cole cun libro.
A actividade denominouse: "Lévame, adóptame, cóidame!!!".





Para rematar a semana, o venres, celebráronse sesións de padriños e madriñas lectoras no patio exterior.




Agardamos que pasárades unha semana "de libro"...

sábado, 27 de abril de 2019

O SOÑO (VIDEOCLIP)

O alumnado de 4º de primaria vén de publicar un novo e divertido videoclip producido no Obradoiro de Audiovisuais.
Trátase dunha adaptación do conto de Pedro García Argibay, de 6º de primaria, que como sabedes, foi o gañador do concurso de relatos sobre Marín proposto polo EDLG.


Como anfitrión, xunto a Ángela Rosales, colaborou na loxística da rodaxe.
Queremos dar as grazas ás profes Chus e Mili polo atrezzo, a Paloma por facilitar a actividade, ás familias polo vestiario e a todos os que colaboraron de algunha maneira.
Xa temos un traballiño máis para o PDI deste curso: "Marín, de todo un chisquín".
Aquí tes o teu agasallo Pedro... agardamos que vos guste!!!

miércoles, 24 de abril de 2019

MARINFORMAMOS (DOCUMENTAL)

O alumnado de 5º e 6º de primaria vén de publicar un documental de setenta minutos sobre a nosa vila, producido durante estes meses, a partires das entrevistas realizadas nas andainas do pasado venres 15 e luns 18 de febreiro de 2019.


Está dividido en catorce capítulos que abarcan información sobre festas, rúas e prazas de Marín.
A actividade está enmarcada dentro do PDI deste curso: "Marín, de todo un chisquín".
Queremos dar as grazas a todos os colaboradores e colaboradoras: María Ramallo (alcaldesa de Marín), Julio Santos Pena, Celso Méndez Fraguas, Xosé Manuel Pesqueira Rapalo, Pascual Martínez, Perfecto Pampín, Fina Calviño, Begoña, Jacobo, Esther, Paca, dous veciños da vila e ao Ateneo Santa Cecilia.
Agardamos que aprendades moito!!!
Se premedes na seguinte ligazón poderedes ver a lista de reprodución do documental completo:


RECUNCHOS DE MARÍN #10: PRAZA DO RELOXO

-É unha das máis antigas de Marín e nela sitúase o Templo Vello que contén un reloxo de sol.
-Os Maios facíanse nesta praza.
-Hai moitas edificacións importantes.
-Nela estaba o Priorato, creado polos Monxes Cistercenses de Oseira.

RECUNCHOS DE MARÍN #9: JAIME JANER

-Nesta zona sitúase o Palco da Música.
-Nela desemboca a Rúa Real.
-Durante un tempo chamouse Rúa Rosalía de Castro.

RECUNCHOS DE MARÍN #8: PRAZA DE ESPAÑA

-Nesta zona sitúase a Escola Naval Militar e está fronte o Paseo Antonio Blanco (alcalde de Marín fusilado en 1936).
-A farola foi mudada de lugar en varias ocasións e ten un boceto de Manuel Torres.
-Existen cafeterías históricas arredor.
-Pódese ver a illa de Tambo dende ela.

RECUNCHOS DE MARÍN #7: MÉNDEZ NÚÑEZ

-Destacado militar e mariño da Real Armada Española do século XIX, nado en Vigo.
-Moitas rúas de cidades galegas levan o seu nome e incluso unha fragata.
-Nesta zona atópase o Museo Manuel Torres (pintor marinense coñecido a nivel internacional), o Parque Infantil ou a Alameda.

domingo, 21 de abril de 2019

RECUNCHOS DE MARÍN #6: CONCEPCIÓN ARENAL

-Polo feito de ser a primeira rodaxe da andaina, esquecemos activar a gravadora de son e o audio, non se escoita demasiado ben... cousas do directo!
-Antes chamábase Rúa Calvo Sotelo.
-Concepción Arenal é unha figura icónica do feminismo.
-Máis información:
https://www.gciencia.com/historias-gc/unha-galega-universal-concepcion-arenal/

RECUNCHOS DE MARÍN #5: A VEIGUIÑA

-O concerto que se celebra nesta praza peonil durante o verán é "Son de Marín".

lunes, 15 de abril de 2019

FESTAS DE MARÍN #4: OS MAIOS

-En Marín adórnanse tamén embarcacións.
-O Maio en activo máis antigo da nosa vila é o "Landeiras".
-Máis información: 
https://www.youtube.com/watch?v=l8qFnVijlW8&t=10s

RECUNCHOS DE MARÍN #4: EZEQUIEL MASSONI

-Foi alcalde de Marín entre 1924 e 1930. Era de Ayamonte e tivo na vila unha industria de salazón. Puxo en marcha servizos como a traída de auga, os sumidoiros, a luz e a iluminación de prazas e rúas. Fixo o matadoiro, o Concello ou o mercado.
-Nesta zona, onde está a Residencia da Terceira Idade, situábase antigamente a Praza de Touros de forma eventual.
-Á altura da Praza da Constitución temos o Parque Eguren.

lunes, 8 de abril de 2019

FESTAS DE MARÍN #3: VIRXE DO CARME

-Ten a súa orixe nunha pequena capela do Monte Carmelo (Palestina).
-O 16 de xullo celébrase unha procesión terrestre e marítima pola Ría de Marín.

RECUNCHOS DE MARÍN #3: PRAZA DE ABASTOS

-A idea de crear unha Praza de Abastos en Marín é de 1871 (lugar para a venda de peixes, carnes e legumes).
-Acórdase a súa construción en 1922 con José Del Río como alcalde e sendo o arquitecto Rafael Picó.
-Comezan as obras en 1927 e rematan en 1929.
-Atópase na Rúa Exército e Marina, antes chamada Travesía do Mar.
-En 2007 lévase a cabo unha renovación que transforma o aspecto interior e mantén o exterior.
-É unha das mellores de Galicia pola calidade dos produtos vendidos.

lunes, 1 de abril de 2019

FESTAS DE MARÍN #2: ENTERRO DA SARDIÑA

-En Marín ten unha celebración especial: ladaíaña da sardiña, personaxes que forman parte da comitiva que vai na procesión, música, sermón, etc.
-A música é a "Marcha do Enterro" de Secundino Lorenzo.
-Máis información: 
https://www.youtube.com/watch?v=_9DtjqW2pO0


RECUNCHOS DE MARÍN #2: LAMEIRIÑA

-Debe o seu nome á lama que quedaba depositada na zona cando baixaba a marea (Lameira). O río tamén leva ese nome.
-Sitúase na parte máis antiga da vila onde se edificaron as primeiras casas de pescadores, entre a Rúa Exército e Marina e a Rúa do Forte, á beira esquerda do río. A parte superior chámase Banda do Río.
-Os evanxélicos impartiron docencia na vila (tiña un 70% de analfabetismo) cos métodos e medios máis avanzados do momento, dende finais do século XIX ata 1936, ano no que foi paralizada a actividade polo Réxime Franquista.