miércoles, 28 de febrero de 2018

MENSAXE DE GUADI GALEGO

Este ano estamos a desenvolver un proxecto común que xira en torno aos medios de comunicación: "A maxia de comunicar".
Xa empregamos a correspondencia, o xornal, a radio, a televisión, a transmisión oral directa... e hoxe imos experimentar coas mensaxes enviadas por plataformas dixitais.
Recibimos, no recuncho de Tambo, un vídeo por Whatsapp da artista Guadi Galego para toda a rapazada do Carballal que está cargadiño de agarimo...
Fálanos da interpretación musical do seu tema "Quixera" que executamos o Día da Paz.
Un millón de grazas Guadi Galego!!!


E aquí tedes un recordo dese día!!!

martes, 27 de febrero de 2018

SAÍDA A SAN SIMÓN

O alumnado de 5º de Primaria acudiu hoxe ao Museo do Mar de Galicia a recoller o 1º premio do Certame VindeVídeos do que xa falamos neste blogue en numerosas ocasións.
Se premedes nas seguintes ligazóns poderedes ver a noticia no Telexornal e no programa "Zig Zag" da TVG:

http://www.crtvg.es/informativos/o-certame-vindevideos-recibe-40-traballos-de-centros-escolares-galegos

http://www.crtvg.es/informativos/o-colexio-publico-o-carballal-de-marin-e-o-instituto-francisco-asorey-de-cambados-premios-vindevideos-3661409

A gala incluiu unha visita guiada na que aprendemos moito da Idade Media e que nos permitiu ver o Pergamiño Vindel.
O mellor foi a excursión á illa de San Simón.
Bueno... e que trouxemos unha nova cámara para o cole!!!
Deixamos un vídeo cun pequeno resumo deste fermoso día e con el, queremos agradecer as primeiras 100.000 visualizacións na nosa canle de Youtube!!!
Apertas tambeiros/as!!!


E mirade que vídeos máis chulos editou o profe Yeray deste mesmo día...


lunes, 26 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O pasado sábado 24 de febreiro celebrouse o "Día de Rosalía" na honra da célebre escritora Rosalía De Castro que naceu hai 181 anos.
Tambo enviou a cada aula do colexio unha fermosa carta cun poema de Rosalía para traballar na clase.


Tamén seguimos as pautas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo e enchemos os corredores e ventanas con debuxos para a ocasión.



O alumnado de 2ºB fixo ademais unha actividade audiovisual, plástica e con recitado.


Podedes desfrutar tamén con este videoclip realizado por nenos/as de 3 anos do C.E.I.P. A Pedra de Bueu que está baseado nun fragmento de "Cantares Gallegos".

domingo, 18 de febrero de 2018

VINDELEANDO

O alumnado de 5º de Primaria comezou o venres, día 16 de febreiro, a desenrolar unha exposición oral ao resto da rapazada do colexio no recuncho de Tambo. 
Está baseada no proxecto arredor do Pergamiño Vindel que tivo como colofón a rodaxe dunha curta durante o primeiro trimestre.
A actividade está enmarcada dentro do PDI proposto pola biblioteca para este curso: "A maxia de comunicar".
Nesta ocasión, transmitiron os coñecementos adquiridos aos nenos/as de 6º de Primaria pero, estade preparad@s, porque moi pronto, vós seredes o público!!!
Aquí tedes unha pequena mostra...


O pasado venres, 16 de marzo, a exposición tivo lugar no I.E.S. Mestre Landín.


Aproveitamos para coñecer o seu Taller de Tecnoloxía e amosáronnos unha impresora 3D traballando a pleno rendemento mentres producía pezas de xadrez que serán enviadas ao campo de refuxiados Sirio de Azraq o vindeiro 22 de marzo.



Como sabedes, o profe Yeray, irá coa Escola de Xadrez Pontevedra en labor humanitaria e tamén levará taboleiros feitos no cole polo alumnado.



Elaboramos para a ocasión o seguinte díptico:



lunes, 12 de febrero de 2018

PREMIOS RACE DE EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de 6º de Primaria da materia de Valores Sociais e Cívicos argallou un videoclip sobre Educación Vial que participa nos Premios Race nos que vimos colaborando dende hai tres anos.


Precisamos votos para que este traballo sexa valorado por un xurado e acceda aos premios: 2000 euros para o colexio e unha cámara de vídeo para cada alumno.
Pode emitirse unha votación cada 24 horas dende a mesma dirección ip.
Preme na seguinte ligazón e axúdanos!!!

https://www.premioseducacionvial.com/cortometrajes/edicion-2018/vial-rock/#

viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Hoxe celebramos o Entroido no Carballal cun ambiente moi festeiro a pesar da choiva!
Os disfraces de este ano estiveron relacionados co PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar".
No desfile houbo: xeroglíficos, medios de comunicación, emojies e mimos, abecedarios, mensaxes ocultas, galas de premios audiovisuais, cavernícolas... e incluso estaban os protagonistas de "Alicia no País das Marabillas".
O alumnado de 6ºB elaborou algunhas estrofas e retrousos sobre a canción de Georgie Dann: "Carnaval te quiero".
Ese mesmo alumnado presentou o desfile seguindo un guión con fío condutor realizado polos nenos/as de 6ºA.
Tamén fixemos unha merendola con doces típicos desta época do ano.
O decorado da ANPA "Viñas Blancas" estivo coma sempre macanudo.
E como non... bailamos mooooooito!
Aquí tedes unha pequena mostra que agardamos sexa do voso agrado...
Feliz Entroido e a descansar estes días!!!